Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu hoxe na Coruña á toma de posesión de José Miñones como delegado do Goberno en Galicia. Miñones situou o compromiso co municipalismo, como principal eixo do seu traballo á fronte da Delegación.
Na súa intervencion José Miñones sinalou que o seu obxectivo “será darlle sentido ao significado da palabra municipio, para que se faga realidade que vivir nos concellos máis pequenos de Galicia ten que ser un privilexio e non unha condena”. A loita fronte ao terrorismo machista e a mellora das infraestruturas da nosa comunidade son as outras dúas principais liñas de acción.
O delegado do Goberno tamén se comprometeu coa atención das persoas e o pulo ás políticas sociais “para non deixar a ninguén atrás”. E faráo, sinalou, “con diálogo, consenso, lealdade institucional e tranquilidade, comprométome a dar resposta aos retos de Galicia, cunha comunicación permanente e fluida con todas as administracións”.
José Miñones faise cargo da Delegación do Goberno nunha etapa que cualificou como “oportunidade histórica para a transformación” de Galicia; coa chegada dos 140.000 millóns de euros en seis anos de fondos Next Generation
O novo delegado do Goberno prometeu o cargo sobre o Capítulo 2ª da Constitución, nun acto no que tamén estaban presentes, entre outras autoridades, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e o Ministro de Transportes, Movilidade e Axenda urbana, José Luis Ábalos.
Na rolda de prensa do pasado mércoles, Sánchez Bugallo valorou dun xeito positivo o nomeamento, destacando que José Miñones “é unha promesa política que recibe un espaldarazo importante” coa designación como delegado do Goberno en Galicia.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela