Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2023. A uns días de que remate a campaña electoral, o alcalde apela ao voto “útil, sensato e centrado” un voto que pide “aos que me votaron hai 4 anos e aos que votaron ao Partido Popular” para que Santiago “non sexa unha cidade de confrontación, senón un punto de encontro no que traballar de forma sensata a favor da cidade”.
Sánchez Bugallo recalcou a día de hoxe o que “está claro é que só hai un voto razonable” e ese voto “é a candidatura do PSdeG que eu me honro en representar”. De feito, o alcalde fixo balance dun período no que “se definiron as posicións” e no que “houbo un aspirante do Partido Popular que cada día vemos máis lonxe de conseguir o seu obxectivo”.
Tamén a ministra de Educación, Pilar Alegría, animou a participar no 28M para apostar porque a cidade siga “avanzando e progresando”, e para non “volver a fórmulas que miran ao pasado e ao retroceso”. A tamén portavoz do CEF do PSOE recalcou que Santiago é agora unha cidade “máis moderna, accesible e habitable”: “sentoulle moi ben a impronta do PSdeG” concluíu.
Pola súa banda, o secretario de organización do PSdeG, Lage Tuñas, apelou ao recordó: en Compostela os veciños e veciñas xa saben o que sucede cando goberna o Partido Popular”, en alusión ao mandato dos tres alcaldes do PP nos que “Raxoi se converteu na casa dos líos”: “o que está pasando agora en Ourense con Jácome, con Cabezas e con Baltar xa pasou en Santiago”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela