Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde deixou clara que a súa intención é gobernar en solitario apelando ao voto dun Partido Popular para o que “non existe ningunha posibilidade real de que goberne esta cidade”
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023. “Eu aspiro a ser a lista máis votada o vindeiro domingo” recalcou o alcalde que pide un respaldo maioritario dos cidadáns para poder gobernar en solitario. Sánchez Bugallo apela a un voto “útil e centrado”: “non só porque sexa de centro, senón porque é un voto que ten Santiago no centro de todo”.
Avogando por unha política de acordos, Sánchez Bugallo rexeita a idea de quen se presenta para que “Santiago sexa un instrumento de confrontación política con outras administracións” e ao contrario. “Eu sempre crin que o importante é chegar a acordos a todos os niveis” explicou o alcalde que insiste en que “a confrontación só é unha opción se é imposible de evitar”.
Sánchez Bugallo recalcou que, a día de hoxe, “non hai ningunha posibilidade real de que o Partido Popular goberne esta cidade”. Cunha candidatura, a de Verea, “que está baixando cada día”, o alcalde convida aos votantes do PP a apostar por un “voto útil”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela