Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, analizou as novas medidas anticovid que entrarán en vigor a partir o vindeiro venres: grupos de ata seis persoas, non necesariamente convivintes; e a hostalería aberta ata as once da noite con aforos de ata 50% en interior e 75% en terrazas. “Dame un pouco de vértigo”, sinalou o rexedor. “O perigo non pasou, o perigo está aí”.
O rexedor recorda que se as cousas van mal, “probablemento os datos nos salten dez ou quince días máis tarde”, haberá que estabilizalos de novo e reducilos, continuou, e “a baixada será lenta”. Sánchez Bugallo recorda que os datos “explotaron o 27 de outubro”, cunha incidencia de máis de 500 casos de contaxio por cen mil habitantes, que agora baixou ata aproximadamente uns cen. “Levounos cinco semanas reducir este número, polo que non podemos permitir que isto volva suceder”. Evitalo, engadiu, “é responsabilidade de todos, non só da administración. Evitemos os grupos, respectemos as distancias de seguridade…. Sería terrible, despois do sacrificio que se fixo, volver, dentro dun mes, á mesma situación”. Recordou que o toque de queda sigue en vigor, e que as festas en pisos van seguir sendo sancionadas como “até o de agora”. “Nós”, continuou, non imos baixar a garda, porque nos xogamos moitísimo”.
Sánchez Bugallo realizou estas declaracións na rolda de prensa de presentación do programa de Nadal, xunto ao concelleiro de Festas, Gonzalo Muiños. Un programa, que dixo “nos parece importante, nun escenario tan complicado como este, no que moitas persoas están soias, e o están pasando mal, tratar de manter, na medida do posible todos os elementos de normalidade compatibles coas medias de seguridade”. Engadiu que a decisión de levar a cabo unha programación de Nadal, está tomada desde o mes de setembro, para que as actividades pudieran estar operativas a partir deste 4 de decembro.
AXUDAS
Respecto as axudas aos sectores económicos máis afectados polas restriccións, o alcalde recordou que só queda pendente a reunión cos representantes dos sector cultural, despois da mantida onte coas asociacións de comerciantes e hoxe cos responsables das asociacións hosteleiras. Engadiu que “estamos traballando coa hipótese de convocar as axudas o luns que ven. En principio convocaríanse axudas directas por 300.000 euros para o sector cultural, para gasto corrente; axudas directas por 1,6 millóns de euros para o sector turístico; e axudas directas, por 600.000 euros, para o sector do comercio.” A marxe na que se moven estas cantidades, sería de 1.000 a 3.000 euros, co “matiz para o sector hostaleiro, de ata 3.000 euros para hostalería nocturna e ata 2.500 para o resto”. Explicou que o establecemento deste límite ten unha razón lóxica: “que poida concederse a subvención a través dunha declaración responsable”. A partir desa cantidade, habería que revisar a documentación aportada para ingresar as axudas, e iso demoraría, explicou Sánchez Bugallo, a concesión.
O sistema de presentación será, sinalou, por orde de rexistro de entrada a través da sede electrónica”. En caso de poder aprobar a convocatoria o luns, o prazo para presentarse remataría o 15 de decembro. Recordou que neste trámite é moi importante o papel das asociacións, porque os trámites deben ir correctamente cumprimentados. “No caso de que haxa que subasanar, o que conta é a data de subsanación, non a de solicitude”, adavertiu, “e isto ten trascendencia porque as axudas danse ata que se esgote a partida”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela