Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Abordará unha negociación coas empresas concesionarias dos parkings da cidade para conseguir tarifas reducidas para os residentes, unha vez Praza de Vigo e Praza de Galicia pasen a ser xestionadas a través de Tussa, coa súa respectiva rebaixa nos prezos.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023. Sánchez Bugallo abordará unha negociación coas empresas concesionarias de tódolos parkings da cidade para conseguir tarifas reducidas para os veciños e veciñas de Santiago. Así o anunciou o alcalde esta mañá que, “logo de recuperar para a xestión pública os aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo” o seguinte paso será “revisar os prezos de todos os demais facéndoos máis asequibles para todos os cidadáns residentes e empadroados en Santiago”.
Precisamente co remate da concesión dos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo, estes pasarán a xestionarse a través da empresa pública de transporte, Tussa, “e, ao igual que fixemos con Xoán XXIII reduciremos os prezos de ambos”. Unhas accións que se enmarcan nunha “nova política de aparcadoiros” co obxectivo de facilitar que “aquelas persoas veciñas de Santiago que teñan que usar eses parkings van a ter unha rebaixa moi significativa do prezo que paguen”.
Tamén en política de mobilidade, Sánchez Bugallo anunciou esta semana a instalación de elementos mecanizados como ramplas eléctricas ou ascensores que permitan salvar cotas de nivel como a conexión entre o aparcadoiro de Belvís e Virxe da Cerca, para dar servizo á Praza de Abastos; na zona da Pastoriza ou na rúa Bispo Teodomiro.
“A nosa aposta en mobilidade ten que ser peonil no centro da cidade, transporte brando cunha rede de itinerarios ciclistas e transporte público que abrangue todo o termo municipal, non só o casco histórico, sen que ningunha parroquia, nin núcleo, nin barrio quede sen conexión co centro: “onde non sexa posible o transporte regular, chegaremos co transporte a demanda”. É o que o alcalde define como a “gran revolución do transporte público” cunha concesión xa en marcha.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela