Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Xosé Sánchez Bugallo acaba de anunciar a súa candidatura á alcaldía de Santiago de Compostela. En rolda de prensa sinalou que acepta a proposta do PSOE de encabezar a lista socialista nas próximas eleccións municipais. A continuación agradeceu “a confianza depositada en min polo Partido Socialista”. Unha decisión, subliñou, “que sinto cunha gran ilusión e gran responsabilidade”.
20220913 Audio anuncio candidatura
Sobre a data do anuncio, explicou que tardou tanto tempo, “porque as persoas, cando chegamos a un determinado punto, temos que facer unha serie de reflexións, nalgúns casos personais, e noutros compartidas con outras persoas”, e valorar “se é o momento de dar un paso atrás ou de dar un paso adiante”.
“A miña decisión”, continuou, é que debo seguir a disposición dos composteláns para que, en maio do ano que ven, tomen a decisión de se queren renovar a confianza en min ou elexir outra opción. É unha decisión que deben tomar con absoluta liberdade. Pero honestamente, e con absoluta sinceridade, e analizadas as outras alternativas que se plantexan, creo que con gran diferenza, e con absoluta convicción, estou en condicións de ofrecer moita máis confianza, seguridade e capacidade para afrontar o escenario tan complexo como incerto, que temos diante de nós”.
Sánchez Bugallo engadiu que “se algunha dúbida tivera, o sucedido no pleno de onte resolveríama. Creo que un alcalde de Santiago ten que ter os intereses xerais da cidade por enriba de calquera outra consideración e por enriba de conveniencias políticas, personais ou electorais. Desgraciadamente iso, onte, non o vin”.
En resposta a preguntas dos xornalistas, aclarou que onte, durante o pleno, chegou á conclusión de “que os intereses intereses electorais prevalecen sobre os intereses xerais da cidade”. Puxo como exemplo a xestión da auga, “un tema estratéxico e fundamental para Santiago”. Recoñeceu que hai partidos que manifestaron a súa aposta por unha xestión directa pública, pero outros como o Partido Popular, xeran dúbidas cunha “actuación puramente obstrucionista”; a pesares, continuou, “da oferta que fixen no pleno, que era non adxudicar neste mandato ou entregar a presidencia da Comisión da Mesa de Contratación á oposición, quedando o goberno fóra. Non interesou ningunha desas propostas, porque o único que interesa é parar” este tema.
Neste sentido, engadiu, “non me preocupa desde o punto de vista do goberno. Preocúpame que esta cidade ten retos moi importantes que non pode acometer sen resolver esa cuestión”. Pero iso, continuou, non importaba. “O que lles importaba era que o alcalde experimentara unha derrota”, e que algo, que pensaban que electoralmente se podía vender, pois non se puidera vender. É unha mágoa, porque estabamos dispostos renunciar a iso. Pero o que non podemos estar dispostos é a renunciar a que a cidadanía de Santiago teña un mellor servizo, e sobre todo, poder acometer actuacións fundamentais para esta cidade”.
20220913 Alcalde candidatura pleno
Sobre as persoas que o acompañarán, sinalou que “penso que teño total confianza para facer as mellores listas que sexa posible. Intentarei que esas listas sexan aquelas na que a cidadanía de Santiago se poida recoñecer mellor e que estean en condicións de ofrecerlle as mellores e maiores garantías de eficacia na resolución dos problemas da cidade”. Sánchez Bugallo engadiu que é prematura pensar en nomes. “Agora empeza un traballo no que teremos que falar coa cidadanía e render contas do feito e do que queda por facer, para concretar e mellorar o proxecto de futuro”. Un proxecto, finalizou, no que imos ter guías moi importantes como o Plan de Acción da Axenda 2030 aprobada onte, que define un modelo e proxecto de cidade no que todos nos podemos sentir a gusto”.
Sobre os actuais integrantes do Grupo Municipal Socialista, “só podo manifestar recoñecemento e agradecemento: pola súa confianza, apoio e dispoñibilidade permanente”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela