Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo sinalou, na apertura do XVI Congreso de Xuventudes Socialistas que se vai celebrar durante toda a xornada no Centro Xove da Almáciga; que o gran reto que “temos hoxe os concellos é crear as condicións para que a xente máis nova, que é a que ten o maior nivel de formación da nosa historia, poida construir a súa vida e o seu futuro no noso país e nos nosos municipios”.
A gran clave, engadiu, ante un escenario como o actual, cun alto número de poboación maior de 65 anos, “é crear as condicións para que poidades construir a vosa vida neste país, porque se non é asi, temos un futuro realmente complicado social e economicamente”. Porque “a clave do desenvolvemento e a innovación”, proseguiu, “é o cambio permanente. E eses cambios están vinculados a unha poboación xove”.
Polo tanto, continuou, “precisamos da xuventude. E dentro dela, as Xuventudes Socialistas deben exercer” un liderado de vangarda “para seguir tirando da sociedade”. Para iso precísase, engadiu, “que funcionen ben, e que integren a moita xente”.
A continuación interviu Carmela Silva, presidenta do PSdeG e presidenta da Deputación de Pontevedra; e Lara Méndez, vicesecretaria-xeral do PSdeG e alcaldesa de Lugo. Antes de comezar a apertura do congreso gardouse un minuto de silencio por Eva de la Torre, ex alcaldesa de Porriño; e Francisco Pombo, ex secretario xeral do PSdeG de Carballo, falecidos recentemente.
O congreso, que se celebra baixo o lema “Escribimos o presente, construíndo Galicia” será clausurado ás 20:30 h. por Pilar Cancela, secretaria de Exteriores da CEF do PSOE e secretaria de Estado de Cooperación do Goberno de España; por Paula Castiñeiras, secretaria de Emprendemento da CEF de JSE; Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG; e Xurxo Doval, secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela