Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xósé Sánchez Bugallo, non cre que a presión fiscal do Concello “se poida considerar excesiva”; e sinala que “necesitamos dispor de ingresos económicos, xa que aínda temos por diante anos incertos”. O rexedor respondía así ao ser preguntado polo posicionamento dunha parte da oposición sobre a presión fiscal e o superávit existente.
Hai un determinado superavit que ten un componente ficticio, porque, aclarou, “se deriva de actuacións que non se puideron executar dentro da mesma anualidade”. Esa dispoñibilidade orzamentaria, sinalou, “hai que mantela, porque a súa execución prologarase nos meses ou nos ano seguintes”.
En 2020 o concello pechou cun superávit de 9 millóns de euros que, explicou Sánchez Bugallo, “non foron reais”, xa que nesa cantidade estaba incorporada unha boa parte do superávit de 2019, polo que ao final, “a parte real dispoñible eran 2,5 millóns”, apuntou. Os outros 6,5 millónes eran, engadiu, “cantidades que estaban comprometidas”. Recordou que ata novembro de 2019 non se autorizou o concello a dispor do superávit dese exercicio, polo que foi imposible executalo, e se incorporou ao do do 2020.
Sánchez Bugallo recordou que desa cantidade de 9 millóns de euros, “prácticamente está todo comprometido”. “Unha parte moi importante, aproximadamente 4,5 millóns foron para axudas” de rescate ao comercio, á hostalería e ao sector cultural, os sectores máis castigados pola COVID-19; e e outra parte para obras “que se están executando”, como a Avenida de Asturias, ou a rúa do Hórreo. Axudas e investimentos, recordou, que se financian “con cargo a eses 9 millóns”.
O alcalde recoñeceu, tal e como sinalou o Grupo Popular, que “o concello ten unha posición economicamente saneada”, pero tamén, indicou, “ten retos por diante e un escenario bastante incerto, porque ningúen ten idea do que vai pasar en 2023 ou 2024”. “Europa flexibilizou esas normas” para o bienio 2021-2022, “pero xa hai moitas voces que nos indican que esa flexibilidade ten os meses contados”.
En todo caso, e en referencia as afirmacións dos populares, sinalou que é “o mesmo discurso de cada ano; “que eles non aplicaron nos anos en que foron goberno”; e “agora reclámanllo os demais”. En todo caso, indicou, o executivo municipal non contempla incrementar a presión fiscal.
Neste contexto, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o pagamento das axudas para o rescate do comercio, das que se van beneficiar 481 establecementos comerciais; e que suman un total de 1.684.500 euros. A maiores, tamén se aprobou o gasto relativo á “Convocatoria de axudas para o rescate da restauración, hospedaxe e turismo do concello de Santiago afectado pola crise da COVID-19. Anualidade 2021”, por importe de 1.747.105 euros.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela