Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aclarou aos grupos da oposición que o documento “Axenda Urbana de Santiago. Análise e diagnóstico”, non é o definitivo, que está aberto as achegas dos axentes sociais e económicos, así como a veciñanza e os grupos políticos; e que tamén contempla actuacións no ámbito rural.
O rexedor lembrou en rolda de prensa que o primeiro borrador do documento se lle facilitou aos grupos municipais, e ao resto de membros do Consello Económico e Social o 28 de xuño de 2021. O 4 de outubro de 2021 nun segundo encontro informativo co Consello Económico e Social, presentouse a convocatoria e a elaboración de proxectos piloto de plans de acción local da Axenda Urbana Europea. O segundo texto, “máis elaborado, pero que sigue sendo un documento base” facilitóuselle aos grupos políticos, sindicatos, asociacións etc. na reunión do pasado 14 de febreiro”. Son case 300 páxinas, máis completo, pero lembrou, sen pechar.
A partir desta reunión, explicou, abríronse os seis Grupos de Impulso e Seguimento (GIS) que se centrarán noutras tantas temáticas: Economía; Dimensión Cidadá; Mobilidade e Territorio; Cohesión Social; Educación, Patrimonio e Arte, e Sustentabilidade e Transición Verde. Ademais, creouse unha plataforma en liña, para que a cidadanía poida realizar as súas aportacións. A maiores, abriuse unha plataforma web Axenda Urbana 2030 Santiago
Esta web permitirá aglutinar e combinar as actuacións presenciais coa interacción online con toda a cidadanía e grupos de interese que teñan a ben participar no deseño e propostas para construír a Compostela do 2030. “A través destes grupos, indicou Sánchez Bugallo, “poderán seguir realizando aportacións para completar o documento. Cando estea finalizado, remitiráse ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. O que se lle enviou, a título informativo, afirmou, foi este documento provisional.
Neste momento, continuou o alcalde, “estamos á espera das aportacións que poidamos recibir, co obxectivo de intentar incorporalas a este proceso. Paréceme pouco positivo que se intente descalificar un proceso que absolutamente aberto e participativo que está iniciando o seu camiño”. Un documento, engadiu, que “nace coa misión de que todos nos sintamos representados e reflectidos”.
Audio Axenda Urbana. Sánchez Bugallo
Sánchez Bugallo recordou que no documento da Axenda Urbana se incorpora todo o municipio, 220 quilómetros cadrados, dos que 180 son zona rural. Un medio rural, subliñou, que vai ter moita importancia nesta proxecto. Citou, en concreto, a economía circular: “O pór en valor toda a zona rural que rodea Santiago como subministrador de produtos alimenticios para a hostalería e para a veciñanza, é unha oportunidade” sobre a que se está traballando, tamén coa Comunidade Autónoma. Tamén é moi importante, asegurou, desde o punto de vista de protección do territorio e das oportunidades que ofrece.
Volveu lembrar que o documento ao que se refiren os grupos da oposición “Axenda Urbana de Santiago. Análise e diagnose”, “é un punto de partida moi sólido, froito de máis dun ano de estudos, pero non é pechado. Está esperando aportacións”. “Os equipos técnicos”, continuou, “dótannos duna base” ben fundamentada “estudada e contrastada, e cando os grupos políticos, particulares, veciños, fagan as súas aportacións, vaise completar”. Queremos, indicou, “ter un documento moi sólido que nos axude a coñecer e comprender onde estamos, e a determinar a onde queremos chegar”.
O proxecto da Axenda Urbana de Santiago 2030 é posible grazas ao financiamento da Unión Europea a través dos Fondos Next Generation EU e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno estatal e da súa Axenda Urbana de España.
Pactos do PP coa extrema dereita
O alcalde tamén se referiu ao pacto de goberno entre o PP de Castela-León que permite e facilita a entrada dun grupo como Vox, de extrema dereita, no goberno desta comunidade. Sánchez Bugallo amosouse moi preocupado. “É evidente que isto é algo que non está pasando en Europa. Onte mesmo o Partido Popular Europeo reunido en París expresaba o seu disgusto por esta decisión. A min parécemen preocupante porque é o branqueamento da extrema dereita”, do qeu engadiu, descoñecemeos as consecuencias que vai ter.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela