Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Sánchez Bugallo realizou estas declaracións durante a sinatura dun convenio co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e conselleiro de Turismo; meidante o cal, as tres administracións comprométense a financiar a adquisición de tres vehículos de emerxencias para a agrupación de Protección Civil de Santiago, por un importe de 120.000 euros. O Concello aporta dez mil, e Xunta e Deputación, 55.000 euros cada unha. Entre os obxectivo do convenio está reforzar o servizo de protección civil e emerxencias nos labores de prevención, promoción, divulgación, información e socorro das persoas que peregrinan polos diferentes Camiños de Santiago, así como nos actos programados con motivo do Xacobeo 2021.
Sánchez Bugallo lembrou que a preparación do Xacobeo 2021 “é algo que nos une”, e confía en que o próximo ano “haberá unha recuperacion notable, tanto dos fluxos turísticos como dos peregrinos especialmente notable no segundo semestre”. “Probablemente”, engadiu, a partir de Semana Santa comece esta recuperación, non demasiado intensa ao principio, pero que irá medrando progresivante. O rexedor está “convencido” de que 2022 “será un ano excepcional. “Debemos estar preparados para acoller aos visitantes, e prestarlle a mellor atención e o mellor servizo que sexa posible”, sinala. Unha das claves de Santiago como destino turístico, segundo o alcalde, é a seguridade. “As persoas síntense seguras cando veñen aquí”, di. “O criterio de calidade, de atención é de seguridade é un activo moi importante que podemos e debemos ofrecer”, conclúe.
En relación ao volume de festas en pisos, asegura non estar satisfeito, “pero estamos avanzando. As 63 da primeira semana de curso, reducíronse a 33 a semana pasada. Estase actuando sobre botellóns, concentracións… Todas estas denuncias tramítase desde o concello de Santiago”, explica. Non ocorre o mesmo coas relacionadas coa hostalería, co aforo dos locais. “Xa veremos como se solucionan”, di, ” pero non temos inconvinte en tramitar a sanción correspondente por superar o aforo que tiña autoizado con carácter xeral”. É unha cuestión que, aclara, cómpre resolver coa Xunta de Galicia, porque “son situacións que non están previstas na ordenanza municipal”, que, con 22 anos de antigüidade, non contempla unha situación de pandemia como a actual nen as súas circunstancias.
O alcalde indica que “somos estritos no curmprimento da lei”. Pero, ante posibles recursos, cómpre buscar unha solución. “Podemos”, explica, “ou modificar as ordenanzas, un proceso lento, de dous ou tres meses como mínimo, ou habilitar coa Comunidade Autónoma un proceso máis rápido, colaborando xuntos en perseguir comportamentos inadecuados, porque son insolidarios, e supoñen unha ameaza e un risco para o resto da poboación”, afirma.
Sobre a ocupación de inmobles o alcalde diferencia entre a estatística e a percepción. Explica que, aínda que “estatísticamente”, poida haber unha diminución, é un asunto que está xerando preocupación.
Sánchez Bugallo sinala que “probablemento”o número de imobles ocupadios é limitado, cífrao en media ducia; pero recoñece que “existe preocupación social”, sobre todo “cando a ocupación se produce, non tanto por familias que buscan unha solución ao seu problema de vivenda, pero teñen un trato coa comunidade razoable; se non outro tipo de grupos e estruturas”, que conlevan unha serie de problemáticas e poden xerar conflito social.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela