Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cualificou a prolongación do Ano Santo 2021 ao 2022, como unha noticia “extraordinariamente positiva”, para Galicia e Compostela. Todos nós estabamos agardando”, engadiu, que esta posiblidade se puidese materializar. “Será un bienio santo”, sinalou, de celebración do Xacobeo en Santiago.
Para o rexedor, foi unha “noticia marabillosa que excede das pretensións que tiñamos, porque dubidabanos que puidese prolongarse máis aló do mes de xullo”. Sánchez Bugallo realizou esta valoración despois da cerimonia de apertura da Porta Santa da Catedral, que marca a apertura do Ano Santo Compostelán. Foi ao rematar a misa, cando Bernardito Cleopas Auza, Nuncio do Vaticano en España, anunciou que o Ano Santo 2021 se prolongaría tamén o 2022. O lema deste xubileu é “Sae da túa terra. O Apóstolo espérate”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela