Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Rubén Prol Mariño asumirá as concellarías de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas. Desvelouno hoxe o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo. En rolda de prensa, o rexedor tamén apelou á responsabilidade individual e colectiva despois de coñecer que na pasada noite a policía local interveu en 27 festas en pisos, “unha magnitude realmente excesiva”. Destacou, ademais, un desaloxo nun establecemento “unha excepción á regla”, sinalou, no que había máis de 70 persoas. Ao estudantado pediulle que sexan prudentes, porque están asumindo, “un risco potencial moi grande. Estánse convertendo ou pódense converter nunha ameaza para as súas familias, para os seus país, para os seus avós, para os seus veciños, e para moitas outras persoas que non participan nesa festa”.
Segundo os datos expostos polo alcalde, o número de casos activos en Santiago mantense estable, a pesares dese inicio de curso. “Desde finais de agosto, ata agora, mantense nun promedio de 180-190 casos por cen mil habitantes”, indicou. Unha cifra, explicou, “lixeiramente” superior á media de Galicia, que está en 160 casos, pero moi lonxe dos datos rexistrados en Madrid e inferior á media da Coruña, Lugo, Ourense, e Pontevedra.
Sobre o impacto das medidas sanitarias na economía, o alcalde é consciente de que “hai moitos sectores económicos que están experimentando un gran sufrimento”, pero engadiu, desfortunadamente “non é previsible unha recuperación a curto prazo”. Referiuse, en concreto á hostalería. Dixo que desde o goberno municipal escoitarían as súas peticións e se atenderán “ata onde poidamos chegar”, aumentando a superficie de terrazas nos casos que se poida, con estufas, mamparas ou sombrillas, ou cunha rebaixa fiscal “o próximo ano”. O que sí descartou o rexedor, foi o peche de terrazas.
COMEDORES
Sánchez Bugallo explicou que o goberno municipal leva, desde que comezou o curso, buscando alternativas de espazo coa direccion dos centros escolares para incrementar as prazas nos comedores. Sinalou que o día 9 había 650 prazas, na actualidade hai 893 e esperan chegar ata o millar. De momento, afirmou, non se podería aplicar o baremo para adxudicar prazas de comedor mentras non se saiba cantas das 1.200 solicitudes se confirman e se resolva o problema dos esporádicos.
O alcalde lembrou que o servizo de madrugadores estase prestando en 13 colexios públicos, e en 12 funcionan os comedores escolares, “dende o primeiro día”, “cun esforzo inmenso” e un sobrecuste “enorme” para as arcas muncipais, que cifrou en torno a un 40%, uns 38.000 euros mensuais, cantidade similar ao subrecuste do reforzo do servizo de limpeza. Unha cifra que recordou, é asumida polo concello e non supón un incremento de prezos para as familias.
O rexedor recordou ás ANPAS é a oposición, que existe un novo decreto da Xunta de Galicia, con data 23 de setembro, que contempla medidas aínda máis resctrictivas e que sen o Decreto de Comedores do Concello de Santiago, do 9 de setembro, non funcionaría o comedor nin o madrugadores, porque “ese decreto dá amparo aos subrecustes dos dous servizos”.
Neste contexto, o alcalde pediu prudencia ás ANPAS, e recordoulle que, onde os comedores están xestionados polas Asociacións de Nais e Pais, aínda non comezaron a funcionar, como é o caso de Pontevedra.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela