Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Foto dos Reis cos membros da Corporación
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e os membros do grupo de goberno asistiron aos actos con motivo da Ofrenda ao Apóstolo Santiago, celebrados en San Martiño Pinario, que este ano pronunciou Rei Felipe VI. A continuación, acompañado da Raíña Letizia, dirixiuse ao Pazo de Raxoi, onde asinaron no Libro de Honra da cidade.
A Raiña Letizia asinando no libro de Honra da Cidade
Despois da sinatura, na que estivo presente o alcalde, os monarcas participaron nunha reducida recepción no salón vermello. Ademais do rexedor, Xosé Sánchez Bugallo, e da Corporación municipal; participaron nestes actos o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a vicepresidenta terceira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño; o presidente do Tri
bunal Constitucional, Juan José González Rivas; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Á. Santalices; o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; e o xeneral xefe da Forza Loxística Operativa, Juan Francisco Arrazola. Tamén estaban presentes os membros do goberno municipal, Mercedes Rosón, Sindo Guinarte, Mila Castro, Gonzalo Muíños, Marta Abal, José Manuel Pichel, Noa Díaz, Javier Fernández e Esther Pedrosa.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela