Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Moción conxunta Hospital Ramón Baltar
Moción conxunta interpretación lingua de signos
O pleno do Concello de Santiago, presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, que comezou cun minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia machista, deu luz verde por maioría, co respaldo do Grupo Municipal Socialista e de Compostela Aberta, á aprobación provisional da modificación puntual do título III do PXOM, de regulación de usos, entre elas as vivendas de uso turístico ou VUT. O BGN e o concelleiro non adscrito abstivéronse; e o Grupo Popular votou en contra.
Na segunda quenda, o alcalde agradeceu o apoio de Compostela Aberta para acadar esa maioría absoluta para sacar adiante a modifiación. Neste senso, sinalou que “gobernar é tomar decisións”, ainda que sexan “complicadas, difíciles, ou controvertidas”. Esta modificación, engadiu Sánchez Bugallo, “é necesaria, xa que o “interese xeral de preservación do modelo da cidade, debe prelacer sobre intereses paraticulares por moi lexitimos que se consideren”. O rexedor preguntoulle ao PP cantas alegacións presentara nos dous procesos de exposición ao público: “O PP non presentou ningunha alegación. Non fixeron nada. E con relación á Xunta de Galicia, as nove sentenzas son anulatorias da resolución autonómica”. Un goberno da Xunta, en mans do PP, que continuou, “debeu actuar nun cumprimento efectivo da lei”
Na sua exposición, a concelleira de Urbanismo e Cidade Histórica, Mercedes Rosón, volveu alertar da falta de ofertas de aluguer tradicional para familias e para o estudantado da USC, que “trascenden ao Plan Especial. Todas as licenzas que entraron este verán eran para habilitar pisos turísticos. Estamos facendo un traballo de estudo, riguroso e especifico de todas as posiblidades que permitían regular e ordenar as vivendas de uso turistico”.
A concelleira insistiu en que “non hai inconcreción con respecto a esta modificación. Nin inconcreción a nivel de localización. É un traballo de rigor técnico e político, das decisións que se están tomando”. Un traballo que, continuou, “prevé que calquera cuestión que apareza nova en materia de usos se poida correxir e modificar. Este é o escenario, un escenario cambiante, onde todo vai moi rapido e transforma moito as actividades. E temos que ter ferramentas urbanísticas nun planeamento que nos permita adaptarnos ás novas realidades.
Mercedes Rosón explicou que o “12 de setembro de 2022 o Pleno municipal acordou abrir un novo trámite de exposición pública”, a primeira aprobación inicial fóra en marzo de 2021. Este segundo trámite tivo como obxectivo que “as persoas interesadas puideran coñecer os cambios propostos sobre o documento inicialmente aprobado no 2021 e formulasen alegacións ao respecto”, sobre estes cambios. A concelleira informou que durante “este segundo trámite de participación formuláronse 540 de alegacións”, 530 delas de idéntico contido, máis unha que se presentou fóra de prazo.
A maior parte das alegacións reproducen cuestións que xa foron avaliadas nos anteriores trámites, aínda que tamén se rexistraron asuntos non alegados no primeiro trámite, como propostas de limitación de tipos de establecementos comerciais; ou como a presentada pola Asociación de Hostelería de Santiago, que considera xustificada a consideración das VUT como uso asimilado, e que deberían fixarse condicións mais restrictivas.
Tamén se aprobou, cos votos a favor do Grupo Socialista, BNG e do concelleiro non adscrito, a aprobación da modificación do cadro de persoal do ano 2022 co obxecto de levar a cabo o proceso de estabilización. A concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, explicou que con esta modificación créanse 17 prazas novas no concello de Santiago de Compostela, “que tamén debe ser obxecto de inclusión no plan de estabilización, plan que afecta a un total de 93 prazas”
Trala entrada en vigor da modificación do cadro, continuou Marta Abal, “convocaremos o procesos selectivos para a estabilización destas 93 prazas o que sen dúbida contribuirá enormemente a garantir a estabilidade no emprego e en consecuencia a redución da temporalidade o que en última instancia contribuirá a unha mellora da calidade dos servizos públicos prestados, que é o obxectivo último de todas e cada unas das reformas estruturais que ven impulsando este goberno municipal en materia de Recursos Humanos”.
A responsable de Economía engadiu que a “creación destas 17 prazas por riba da taxa de reposición é posible grazas a Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para redución da temporalidade no emprego público, que habilita un proceso extraordinario de estabilización para aqueles supostos de emprego temporal de longa duración que ademáis responda a necesidades de carácter estrutural”. Esta lei, continuos, “ten por obxecto situar a taxa de temporalidade estrutural por debaixo do 8% no conxunto das administracións públicas españolas” e “permite o desenvolvemento dun proceso de estabilización, respecto de prazas de natureza estrutural que, estando ou non dentro das relacións de postos de traballo, plantilla ou outra forma de organización dos recursos humanos que estean contempladas nas distintas Administracións Públicas, e contando con dotación orzamentaria, teñan estado ocupadas de forma temporal e ininterrompida cando menos nos tres anos anteriores a 31 de decembro de 2020.
Tamén é posible este incremnto de 17 prazas, explicou, “grazas, sobre todo, ao traballo conxunto e ao diálogo constante entre a representación sindical das traballadoras e traballadores do concello e o Goberno Municipal a través da área de Recursos Humanos. Traballo conxunto e diálogo constante, que tivo como resultando o acordo histórico asinado en data do 25 de maio do 2022, entre o Concello de Santiago de Compostela e todas as organizacións sindicais con representación neste concello sobre criterios e prazas afectadas para a estabilización do emprego público”.
Dito acordo, subliñou, “é froito dun traballo man a man entre o Departamento de Persoal e as organizacións sindicais. Conxuntamente analizárose todos e cada un dos expedientes coa opción de poder incluílos neste proceso. Este traballo de meses, fixo posible un resultado transparente e de consenso que nos permite incorporar 17 novas prazas no Cadro de Persoal, regularizando así a situación destas prazas e dándolle un carácter estrutural”.
Abal finalizou informando que “na Mesa Xeral de Negociación, na súa reunión do día 9 de novembro de 2022 foron aprobadas as bases específicas que rexerán o proceso selectivo extraordinario de estabilización por quenda libre, tanto polo sistema de concurso como polo sistema de concurso-oposición”.
Na segunda quenda, Marta Abal aclaróulle á oposición que “o informe de intervención non formula reparo algún” sobre este asunto, e que as 17 prazas incluidas na modifiación “cumplen a lei. Dirixíndose ao Grupo Popular subliñou: “Non sei se vostedes están planificando impugnar esta modificación. Sería triste. Todas as prazas cumpren a lei e as normas interpretativas que se están dando ao respecto”.
Proposicións
O Grupo Socialista votou en contra da proposición sobre a constitución dunha comisión especial para estudar a situación do transporte público. O concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, defendeu o sentido do voto, incidindo na transparencia seguida durante todo o proceso do procedemento de contratación. Comezou aclarándolle á oposición que “estes asuntos deberían ser obxecto de estudo e debate no Consello de Administración de TUSSA, que vostedes parecen ignorar”. E engadiu, “o que lle interesa a vostedes é alarmar, facer ruido e non axudar na procura de solucions”.
Gonzalo Muíños recordou que a renovación da flota de buses estaba prevista para o ano 2011, “que daquela levou a cabo o Goberno Socialista”; e en 2015, ano no que gobernaba Compostela Aberta, que non continuou esta renovación.
Para o concelleiro, é “falso e inxusto” falar de falta de transparencia e opacidade, xa que “desde o mes de xullo de 2019 deuse cumprida resposta e conta”, nos organismos competentes, “do estado do transporte urbano e da súa situación contractual”. Muíños lembrou as deficiencias do estudo económico que o recén chegado Goberno Muncipal atopou 2019, e como se comezou a traballar, desde cero, (tendo en conta a rede do transporte urbano e o Pacto Local pola Mobilidade) na estrutura de custes e no novo estudo económico. Un traballo que estaba encamiñado cando apareceu a pandemia. Entón, “os esforzos deste goberno tivéronse que centrar na covid e nas novas necesidades xurdidas”. Ao saír da pandemia, continuou, o escenario mudara, “e houbo que revisar o estudo económico. Cando estaba rematado, vímonos na obriga de atender ao Real Decreto do Goberno e reformulalo de novo”. Nestes momentos o expediente atópase na oficina Nacional de Avaliación “para ser fiscalizado e podelo sacar a licitación pública”, subliñou.
Na segunda quenda interveu o alcalde. Sánchez Bugallo confirmou que “Santiago é a cidade de Galicia que mellor recuperou o transporte urbano público. A día de hoxe recuperou o 100% dos viaxeiros de 2019, e algunhas liñas están por enriba dese porcentaxe, algo que non se conseguiu noutras cidades”. O rexedor rematou sinalando que “se deu toda a información” solicitada. Pero, engadiu, referíndose á oposición, todos debemos saber que é o que queremos e o que nos preocupa: a veciñanza, o transporte ou a rendibilidade política que se poder facer diso”.
Na proposición relativa ás reclamacións económicas da empresa concesionaria do servizo de auga en concepto de regularización da conexión ao servizo de saneamento, o Grupo Socialista votou en Contra. A concelleira de Medio Ambiente, e responsable deste servizos, Mila Castro, recordou que “existe unha regulación específica local, aprobada polo Pleno en 2006, vixente actualmente: o Regulamento do Servizo Municipal de Saneamento do Conclelo de Santiago, a norma pola que debe rexerse, de xeito obrigatorio, a concesionaria do Servizo Municipal de Auga” norma que “obriga aos usuarios ao seu cumprimento”. A concesionaria, engadiu a concelleira, “non é quen de trocar ninguha decisión pola súa conta qeu non se axuste ao regulamentado, nion as persoas usuarias son quen de rexeitar a súa aplicación”.
Dirixíndose a Compostela Aberta, engadiu: “o grupo do que vostede é portavoz gobernou este Concello durante 4 anos. Non fixeron ningunha modificación do regulamento e aplicárono durante eses 4 anos. Non regularizaron as situacións irregulares que se detectaron? Pois xa lle resposto eu. Vostedes aplicaron este regulamento nin máis nin menos que como se está facendo agora”. O que non pode facer a concesionaria, continuou, “é rebaixar ao seu antollo o importe, ou non facturalo”. Pero, o que si pode facer, indicou, “é o que esta facendo neste caso: darlle á veciñanza que o solicita a posibilidade de fraccionar o pago ata 14 meses, e por suposto, sen recargo nen intereses”.
Mila Castro engadiu que o importe das facturas ven definido no artigo 52 dese regulamento e ascende a 867,27 euros, que se poderán abonar ata en 14 meses. “E por suposto”, engadiu, este goberno non permaneceu á marxe. Cando os veciños e vecias se puxeron en contacto con nós, e conmigo mesa, a fin de dar resposta ás súas reclamacións, este Concello solicitou que Viaqua mantivese unha reunión coa asociación veciñal para explicarlles os feitos. Unha reuniíon que se celebrou o 3 de novembro ás seis da tarde”.
A concelleira foi moi clara con Compostela Aberta: “Cando non hai temas que achegar ao Pleno, abusan de temas sensibles para a veciñanza co fin de sacarlle rédito político”.
En canto á proposición para crear e aplicar un plan de aforro enerxético nas instalacións municipais, o Grupo de Goberno abstívose, ante as medidas que xa se están levando a cabo para precisamente, diminuir o consumo e o gasto enerxético.
Mila Castro lembrou na súa intervencion que o luns, en Xunta de Goberno, aprobouse a licitacion do contrato de “Servizos enerxéticose de mantemento integral do alumeado público exterior do Concello de Santiago”, que permitirá aforrar máis dun 50% de consumo enerxético, e cambiar o actual alumeado por luminarias lead. E que na Xunta de Goberno do 21 de novembro, acordouse a adhesión do Concello de Santiago ao manifesto SLOWLIGHT, que persigue obter mellores contornas a través da luz, tanto no mámbito urbano como rural, mediante a creación de espazos nocturnos en harmonía. Citou tamén a financiación obtida, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia”, para as melloras de eficiencia enerxética no Complexo deportivo de Santa Isabel e no Pavillón Polideportivo de Vite. Ademais, o 7 de maio de 2021, recepcionáronse os traballos de instalación de paneis fotovoltaicos e outra serie de medidas enerxéticas de edificios e instalacións municipais.
Recordou tamén que “temos feito investimentos en vehículos etiqueta ECO para a policía local, bombeiros e Protección Civil” e que o novo prego de transporte urbano, aposta pola incorporación de vehículos de emisisóns cero na súa totalidade. Esta aposta polas enerxías limpas, continuou, “alcanza tamén aos novos contratos dos servizos de parques e xardíns, limpeza viaria e recollida de lixo, que incorporar vehículos eléctricos, híbridos e con motorización Euro VI.
Por outra banda, mencionou que se están a incluir dentro dos pregos que rexen as licitacións, tanto criterios de solvencia vinculados a aspectos medioambientales coa exigencia de etiquetas e certificados de calidade dos produtos e procesos produtivos, como criterios de adxudicación orientados a obter ofertas nas que primen obxectivos de desenvolvemento sostible. E engadiu, a maiores, “a OMIC está prestando asesoramento e información aos consumidores que o solicitan, tanto nesta materia como noutra. E estanse a desenvolver xornadas de información nos centros sociais, con apoio da Unión de Consumidores de Galicia, xustamente esta semana realizáronse dúas sesións, unha no Centro Sociocultural de Santa Marta e outra en Fontiñas”. Motivos máis que suficientes, sinalou, para xustificar a abstención do Grupo Socialista. “Este goberno, como veño de explicar, xa está desenvolvendo medidas e actuacións enfocadas a un uso responsable da enerxía para acadar un menor consumo e polo tanto, na procura dese aforro enerxético ao que aluden na súa proposta de resolucións, propondo cambios significativos cara a obxectivos de desenvolvemento sostible”.
Na seguinte proposición debatida, para crear un programa de actividades extraescolares e de conciliación; o Grupo Socialista tamén se abstivo. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, lembrou que programas historicos de conciliación, como o das Escolas Infantís, rebaixaron un 75% as súas tarifas. En canto ao espazo de lecer María Miramontes, “un proxecto que levaba pendente dez anos e que foi este Goberno Socialista” quen o sacou adiante, oferta 73 prazas de conciliación de balde para este Nadal. E que a Escola Municipal de Música, conta cun programa de verán para reforzar as capacidades do alumando.
Tamén están, lembrou, os programas dos CEIPs, con cen prazas para este Nadal, tamén de balde; e os programas Cativadas de Nadal, dos Centros Socioculturais, que oferta 185 prazas de conciliación; froito da colaboración transversal entre concellarías que incrementan a eficiencia e eficacia destes programas de conciliación que oferta o Concello de Santiago.
A proposición sobre a actualización das zonas acusticamente saturadas aprobouse por unanimidade. Defendeuna a concelleira de Urbanismo. Mercedes Rosón, lembroulle ao PP que “o 30 de decembro de 2010, sendo alcalde Xosé Sanchez Bugallo, acordouse iniciar o expediente para declarar como zonas saturadas determinados sectores da cidade. Xa con anterioridade, en 2005, tamén por un goberno socialista, se realizara unha declaración anterior. Esta declaración de 2010 estipulaba que quedaría suspendido o outorgamento de novas licenzas de apertura; e que non se concederían cambios de titularidade de licenzas existentes cando requirisen executar obras que incrementasen o aforo do local. Tamén regulaba a permanencia nas terrazas, quedando prohibida despois da unha e media da madrugada no verán, e das doce da madrugada, no inverno. Tra-la tramitación, na que tan só se presentaron doce alegacións, por decreto de 4 de marzo de 2011 resolveuse o procedemento coa declaración, como zonas saturadas de ruido, de varias rúas da cidade”.
Mercedes Rosón subliñou que nesta ocasión, “para o desenvolvemento da actuación, as entón concellerias de Urbanismo e de Casco Histórico, eu mesma e Dona Olga Pedreria, resolvemos iniciar o correspondente procedemento para contratar unha asistenza técnica para a realización das medicións no terreo, que permitirían monitorizar o ruido existente. O traballo desenvolveuse durante un período de seis meses coa instalación de micrófonos á intemperie en fiestras e voladizos, preferentemente en primeiros pisos con arredor de trinta emprazamentos e coa análise previa do ruido ambiental mediante rexistros contínuos de 96 horas en cada punto, con dúas estacións de monitoreo permanente. Daquela, remitiramos á veciñanza das vivendas nas que se ían colocar receptores, cartas asinadas por esta concelleira solicitando a sua colaboración. Finalmente o proceso foi avaliado favorablemente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foi un proceso laborioso con bós resultados e que estamos decididos a reiniciar nas mesmas condicións e garantías.”.
A continuación, dirixíndose ao PP sinalou en tono irónico que “resulta sinxelo actuar como o fixo o seu partido. en 2013, o PP dictou un decreto modificando o que había de declaración das zonas saturadas. E fíxoo sen ningún tipo de medición de ruido nin análise da situación da cidade, retirando da declaración á Rúa da Raíña, coa profunda fundamentación de que está adicada á restauración, e que non hai saturación de bares o pubs. Pero había un só que valía por varios, con numerosas denuncias. E durante o seu mandato, o do PP, o seu partido tamén flexibilizou as condicións das novas licenzas de apertura e as condicións para modificar as existentes”. En canto á modificación desenvolvida polo goberno de Compostela Aberta no ano 2017, continuos, “tampouco se realizou co amparo dunha análise da situación real de ruido na cidade. De feito non se fixo. Iniciouse un procedemento denominado de harmonización que nunca concluíu, adoptándose acordos pola Xunta de Goberno Local que supuxeron modificacións substanciais pero sen información pública.
Mercedes Rosón rematou a súa intervención, sinalando que “todos e todas sabemos a situación da cidade durante máis de dous anos foi tan singular, que realizar unha análise do ruido resultaba totalmente inadecuado, coas ruas baleiras, os locais pechados e os veciños e veciñas nas súas casas. Despois do confinamento, a situación tamén se voltou irreal. A xente tomou as rúas xerando unha lectura que tampouco respostaba á normalidade. Agora é o momento. Este goberno vai a desenvolver unha nova análise da situación da cidade, tendo iniciado coa policía local, e en base as reunións desenvolvidas cos Comunidades de Vivendas máis afectadas, a definición das rúas e zonas onde se realizarán as medicións, que se concretarán nos pregos da contratación”.
A última proposición, sobre a mellora da mobilidade na contorna do “campus” de Lamas de Abade. O concelleiro Gonzalo Muíños apostou por un “compromiso nese plan de mobilidade que ten que ir un pouco máis alá, a unha escala maior, na que se involucren as distintas administracions, entre elas a Xunta de Galicia” O concelleiro falou sobre a posiblidade dunha cesión dunha banda de dous metros dunha parcela na rúa Chaparrra, “ que permita a convivencia de tránsitos, peonía e rodados, para dar unha solución a ese ámbito. A continuación o alcalde lembrou que na zona hai “dous centros de FP con alumando de fora”, e que “o departamento de obras habilitou un acceso peonil pensando no alumando do CEIP”.
Mocións
O pleno da Corporación Municipal aprobou por unanimidade dúas mocións de urxencia: a primeira para que o actual hospital provincial pase a denominarse “Hospital de Conxo Ramón Baltar”; e a outra para impulsar a contratación de profesionais da interpretación da lingua de signos no concello de Santiago.
Sobre a primeira delas, o texto do documento subliña que “o cirurxián Ramón Baltar Domínguez, conveciño e concidadán é un dos mellores exemplos de civismo que podemos ter na historia recente de Santiago de Compostela. É ademais, un referente a nivel social xa que, en tempos complicados, como os da ditadura franquista, foi quen de, con moitas dificultades, mellorar a calidade sanitaria coa dotación destas infraestruturas hospitalarias para persoas de toda condición social e con carácter público”. E solicita á Xunta de Galicia que o actual Hospital Provincial de Conxo pase a denominarse “Hospital de Conxo Ramón Baltar”.
En canto á segunda, insta ao correspondente órgano de goberno a impulsar as medidas necesarias para a contratación dun profesional da interpretación de lingua de signos para garantir a accesibilidade aos servizos de atención cidadá da administración local e aos actos públicos das persoas xordas e xordocegas.
Tres das mocións, sobre melloras en Aba do Monte Pedroso, acordouse que se tratarían no vindeiro pleno. A segunda moción, sobre a progresiva substitución de pavimentos de chapacuña nas rúas e a mellora da rúa de Efesta, o Grupo Socialista Abstívose. O Concelleiro de Obras, Gonzalo Muíños, sinalou que neste intre está en proceso de contratación a redacción dos servizos necesarios para un plan de accesibilidade; que vai definir, avaliar e propór as actuacións necesarias, cunha estimación orzamentaria, para “mellorar a accesibilidade nos distintos ámbitos prioritarios”. O obxectivo é adaptar as vías públicas, parques e demáis espazos ás normas de accesibilidade nos termos sinalados por lei, “con consignacións especificas para o financiamiento das devanditas actuacións”. A rúa Enfesta, subliñou Muíños, é unha desas prioridades, “pero é necesario ir un pouco máis alá, con ese Plan de Accesibilidade”.
Todos os grupos votaron a favor da moción para desenvolver un Plan de Saúde Mental e un programa específico de prevención e sensibilización sobre a enfermidade mental nos centros educativos de Santiago; e de reforzar a atención á saúde mental na sanidade pública galega. A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, destacou o papel das administracións locais as máis próximas á cidadanía, e sinalou que a atención á saúde mental é unha prioridade para as institucións públicas. Sobre todo, despois das “secuelas psicolóxicas” que deixou a covid, que afectaron en maior medida ás “persoas máis vulnerables, que non dispoñen de recursos e non poden acceder a unha atención privada, e ás persoas menores e adoelscentes”.
A concelleira adiantou que se está a realizar a “Diagnose de saúde do Concello de Santiago” co obxecto de actualizar o perfil de saúde do Concello, rematado en 2020. Este primeiro estudo dará paso ao “I Plan Municipal de Saúde” que incluirá xa a atencion á saúde mental. “No estudo que se fixo aparecen problemas de saúde mental, con impacto nas mortes asociadas a suicidios ou sobredosis”, sinalou. Polo tanto, engadiu, “debemos abordar a sensibilización da poboación para reducir este estigma e fomentar a procura de axuda e a detención precoz” da enfermidade. É de especial transcendencia, continuo, “prestar especial atención aos colectivos máis vulnerables: maiores, menores adolescentes, pesoas que padeceron covid…”
Mila Castro fixo unha puntualización respecto ao punto un do acordo, no que pediu que se engadira a desenvolver un Plan específico de Saúde Metal, “dentro do Plan Municipal de Saúde”. A concelleira rematou a súa intervención apelando a un refozo do servizo de saude mental do CHUS.
Tamén se aprobou por unanimidade a moción para solicitar ao Goberno Central a conxelación das peaxes nas autorestradas AP-9 e AP-53. O concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, e portavoz do Grupo Municipal Socialista, Sindo Guinarte, argumentou o voto a favor sinalando que “estas dúas autoestradas son fundamentais na conectividade de Galicia e na conectividade da nosa comunidade co resto de España e Portugal”. “É un inconveniente”, continuou, “para o desenvolvemento económica e para as nosas empresas ter que afrontar as elevadas peaxes, e máis se houbera unha subida no ano 2023”. De seguido sinalou que desde o Goberno Central están estudando o tema para ver “como pode limitarse esa suba da peaxe. Esperemos que se limite de xeito absoluto. Gustaríame que esta moción recibise o apoio unánime, facendo a forza que deberiamos facer desde aquí para topar eses prezos”, finalizou.
Na seguinte moción, sobre a dotacion de persoal e maquinaria que recolle o contrato de limpeza e recollida de residuos, a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, explicou que se está a velar desde o primeiro momento, “polo correcto funcionamento deste contrato” a pesar da complexidade que supón a posta en marcha deste servizo. Esta tarefa realízase, explicou, través de dúas técnicas municipais, que “fan un seguimento da prestación”, nos termos establecidos por lei, coa revisión da documentación a realización de visitas “de campo”.
Mila Castro explicou que o último informe da empresa entregouse a semana pasada. “O propio prego establece un control de calidade para levar a cabo o seguimento e vixiancia do contrato. Un chequeo cualitativo e cuantitativo”. Ademais, continuos, “o prego prevé a contratacon dunha empresna auditora que xa está realizando estes controis da prestación. Con base aos resultados destes controis elabóranse as certificacións mensuais. A cantidade que se lle paga cada mes á empresa dependerá da calidade e cantidade do servizo prestado, atendendo aos indicadores definidos”. Respecto do persoal, sinalou que tamén se está cumprindo o establecido e sobre a maquinaria, que como xa se explicou, estará renovada en 2023. Nesta moción o Grupo Municipal Socialista abstívose.
A moción número 7, para garantir o uso compartido do pavillón multiusos de Lavacolla e arranxar o palco da música, foi aprobada por unanimidade.
Na última moción debatida para iniciar unha nova revisión dos usos do PXOM, que permita a regulación consesuada para os problemas de vivenda, do comercio e dos usos turísticos, o Grupo Municipal Socialista abstuvo en todos os puntos: no punto 1, sobre que goberno municipal inicie de novo a revisión dos usos do PXOM, relativa ás VUTs: no punto 2 de “instar á Xunta de Galicia a cumprir a súa propia normativa sobre as VUTs adherindo a iniciativa do Parlamento de Galicia recentemente aprobada por unanimidade”; e o punto 3, para “instar á Xunta de Galicia a un estudo e revisión do decreto que inclúa, entre outras posibles modificacións, fórmulas que permiten redefinir o concepto de vivenda de uso turístico, atendendo ao espírito co que naceu esta modalidade
de aloxamento, evitando a súa comercialización con finalidade especulativa, tendo en conta a autonomía das Entidades Locais para limitar o número de vivendas nos seus PXOM, e a propia diversidade dos concellos galegos respecto do turismo e uso das VUTs, e acadar unha normativa equitativa co resto de establecementos turísticos de aloxamento que operan no sector turístico, en favor duns requisitos mínimos de calidade e confort para as persoas usuarias turistas”.
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, sinalou que “unha vez aprobada a modificación do PXOM esta mañá, semella un pouco esperpéntico falar agora disto”. Para a concelleira, “non e bó mesturar dúas cuestións completamente diferentes, que son de realidades distintas, unha cousa é a problemática das VUTS e outra ben distinta a limitación de certo tipo de negocios comerciais”.
Sobre a primeira das cuestións, continuou, “os criterios para identificar as zonas sensibles, e para regular os usos compatibles nesas zonas, razóanse na Modificación Puntual, e non se variaron dende a aprobación inicial; antes ben, se confirmaron no documento reformado de aprobación provisional. Una revisión deses criterios neste momento alteraría sen dúbida o modelo básico do plan, de maneira que habería de retrotraer as actuacións para abrir outro trámite de participación pública, que poñería es risco o prazo máximo de suspensións de licencias que implicaría desbotar anos de intenso e correcto traballo que o equipo urbanístico deste concello leva nas súas espaldas. Ademais, limitar o número máximo de VUT autorizables por zona, por edificio ou por propietario, suporía un cambio substancial nos criterios de ordenación, ademais de que requiriría efectuar a previa notificación á Comisión Europea esixida pola Disposición adicional 4ª da Lei 17/2009.” En todo caso, subliñou, “a Modificación Puntual prevé que se poidan aprobar Plans especiais, ou mesmo ordenanzas complementarias, para protexer determinados usos preferentes”.
En canto á regulación comercial, avanzu que “a lles avanzo que dende a área de urbanismo estamos traballando nesta liña. O obxectivo dun Plan Xeral é ordenar os usos, ordear o solo urbano. Por iso, o que se propón nesta modificación é que o propio Plan aporte o substrato que permita futuras adaptacións ao definir os distintos tipos de comercial. Pero o Plan non os inventa, senón que define os que xa existen na cidade. Para a regulación e protección pormenorizada do uso comercial, esta modificación prantexa dúas posibilidades: un Plan de Control de Usos, definido no artigo 119.2, que habilita para establecer limitacións específicas para a efectiva implantación dos usos autorizados na respectiva ordenanza, cuns indicadores de complexidade urbanística para establecer a necesidade de formación destes plans. Entre os obxectivos destes plans de usos está por exemplo, o de garantir a existenza dun número mínimo de usos complementarios, necesarios para garantir un axeitado servizo básico na rúa. Ou Ordenanzas Específicas para a regulación dos usos comerciais (definidas no artigo 120.4). Ditas ordenanzas poden ter entre as súas finalidades a de regular as condicións urbanísticas específicas de implantación de novos establecementos comerciais ou de cambio de usos dos existentes, cando se aprecie risco de destrución do tecido comercial e de proximidade”
Mercedes Rosón tamén se referiu á emenda presentada polo Partido Popular: “creo que queda acreditado o desleixo do Grupo Popular nesta cuestión. Que a primeira aportación do principal grupo da oposición ao respecto da regulación das VUTs sexa un emenda a unha moción que se debate seis horas despois da aprobación provisional da MP do PXOM, o di todo”
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela