Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Como ven sendo habitual, o pleno comezou cun minuto de silencio.
O pleno do concello de Santiago, que comezou cun minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia machista, aprobou por unanimidade, a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito do SUD 9-10, estrada de Vigo-Chouchiños.
A aprobación, co voto a favor de todos os membros da Corporación Municipal, incorporou unha emenda transacional que recollía parte da emenda presentada polo BNG. O texto dese emenda transacional recolle a proposta de “acometer a modificación do PXOM no ambito do SUD 9-10 estrada de Vigo Chouchiños co obxecto de darlle maior superficie as parcelas dotacionais previstas que permitan a ampliación do complexo hospitalario, resolver mellor os graves problemas de mobilidade e estacionamento e facer viable o desenvolvemento do planeamento”.
A modificación, que xa se levara ao pleno do mes de outubro, non acadando os apoios necesarios para a súa aprobación, formulouse de oficio polo Concello de Santiago de Compostela, a través dos Servizos técnicos de Planeamento e Xestión (SPX), co obxecto principal de executar a sentenza nº 274/2014 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Segundo explicou a concelleira de Urbanismo na súa exposición, “traemos de novo o documento porque despois dun estudo minucioso por parte dos Servizos Xurídicos de Urbanismo, non era posible excluir unicamente os dous terreos afectados” ou sexa, esas dúas parcelas catastrais, que segundo a senteza quedaban como solo urbano consolidado, porque, engadiu a concelleira, xa se lle plantexara ao tribunal a necesidade de incorporar unhas mínimas modificacións derivadas da execución da sentenza; que o tribunal aceptou; e porque temos a obriga legal de incluir o trazado do Camiño de Santiago, do Camiño Portugués, que afecta considerablemente a este solo e que require axustes”.
Segundo explicou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, neste punto todos os grupos da Corporación Municipal coinciden en tres cuestións: “na necesidade de afrontar con urxencia a ampliación do hospital, para non perder os fondos europeos; na necesidade de revisar o ámbito do SUND 9-10, porque temos enormes dúbidas sobre a súa viablidade e non da resposta ás demandas de accesibilidade e crecemento do complexo hospitalario; e porque debemos dar cumprimento a unha sentencia”.
Tamén houbo unanimidade na proposición para aplicar as medidas do Pacto polo Rural do Concello de Santiago de Compostela. O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, anunciou que, para o ano 2022, figura no borrador de orzamentos a cantidade de 1.000.000 de euros para investimentos no rural, “cantidade que se debatirá e pechará cos representantes de Ferusa, a Federación de Asociacións do Rural, sobre cal será a súa finalidade, se ben é certo que tal e como se atopan de deteriorados os viais asfaltados do rural a nosa idea é priorizar en acometer aí a maior inversión”.
José Manuel Pichel comprometeuse, “na maior brevidade posible” a asinar o documento do pacto polo rural. Recordou que xa tiñan “un compromiso adquirido con Ferusa de adicar todo o POS ao rural cousa que se veu facendo e segue a facer”. O concelleiro lembrou o seu cumprimento explicando que “no POS 2020 incluíuse o préstamo provincial, unha cantidade de 322.767 euros, para o proxecto construtivo de Acondicionamento e mellora dos pavimentos do núcleo de Pardiñas (Laraño), aportando tamén a cantidade de 140.000 euros de fondos propios para completar o orzamento do proxecto, completando desta maneira os 459,717 euros.
Lembrou tamén que “no exercicio 2021, de fondos propios, asignáronse partidas para levar a cabo a segunda fase da rúa de Santa Teresa Jornet (que se atopa na liña de contratación) e a cantidade de 150.000 euros para facer fronte a diversas melloras nunha serie de centros socioculturales do rural, como Busto, Figueiras, Marantes, Marrozos, Berdía”. En canto ás remanentes do ano 2020, “tamén se asignou unha cantidade e así se está a acometer a segunda fase do vial que une Pajuela co Centro Sociocultural de Marrozos”, engadiu José Manuel Pichel.
Varios concelleiros seguiron o pleno telematicamente.
O Grupo Municipal Socialista abstívose na proposición para abordar a problemática das persoas sen fogar na cidade. A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, destacou o labor do goberno municipal, que permitiu que 106 persoas que se atopaban na rúa de forma cronificada saísen desa situación. A concelleira argumentou o voto do grupo de goberno “na experiencia acadada neste anos, que nos fala de que as persoas que están na rúa fuxen de centros institucionalizados. E nós coincidimos con elas en buscarlle unha solución máis normalizadora que trace un camiño a seguir para acadar a plena incorporación social”.
A concelleira lembrou que actualmente hai aloxadas un total de 48 persoas, que se realizaron un total de 1.052 tramitacións de prestacións sociais como o Ingreso Mínimo Vital (IMV), RISGA, prestacións municipais, tarxetas monedeiro, cobertura sanitaria, etc. Tamén indicou que se promoveu a vacinación de máis de 70 persoas desde o centro municipal de servizos sociais. Engadiu, ademais, que durante o mes de decembro se contabilizaron unha media de 14 persoas na rúa, sendo a mdia nesta derradeira semana de nove persoas identificadas. En canto ao campamento de San Lourenzo, hai contabilizadas, actualmente, dúas persoas, segundo informou Mila Castro.
Na primeira das proposicións debatidas, sobre a transparencia do proceso de elaboración dos orzamentos, o Grupo Municipal Socialista tamén se abstívose. A concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, explicou que se está a manter “un constante diálogo coa oposición”, e que se está a “facilitar canta información solicitan respecto dos orzamentos”. Polo tanto, concluiu, “non se entende a necesidade de crear unha comisión especial de estudo dos orzamentos municipais co contido que se indica na proposta de acordo formulada polo Partido Popular, en tanto en canto no regulamento orgánico municipal existen instrumentos e organismos suficientes para acadar os fins que se deducen do primeiro punto de acordo da proposición, en particular a comisión especial de contas”.
A proposición presentada polo grupo municipal do PP para rexeitar a derrogación ou modificación da Lei de Seguridade Cidadá non saiu adiante. Tanto o Grupo Municipal Socialista, como Compostela Aberta e BNG votaron en contra.
O pleno foi presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo
A proposición para consensuar coa veciñanza o proxecto das obras dos Concheiros, co fin de reducir as molestias causadas e adoptar un plan de axudas directas aos establecementos afectados; debateuse de xeito conxunto con dúas mocións: unha para a posta en marcha dunha campaña de dinamización da actividade comercial e hostaleira na zona Concheiros-San Pedro para a súa recuperación; e outra para a correcta finalización das obras dos Concheiros e do Camiño Francés na Avenida de Lugo e Rodríguez de Viguri, e para impulsar economicamente o tecido comercial e hostaleiro do barrio de San Pedro. O Grupo Muncipal Socialista abstívose. Na súa intervención, o alcalde reiterou o compromiso acadado cos sectores afectados, de por en marcha un programa de reactivación economica e de apoio ao pequeno comercio tan pronto como remanten as obras, ou no caso de que sexa posible, cando a rúa estea asfaltada.
Na última proposición, sobre a regulación da música en vivo nos locais da cidade, o Grupo Muncipal Socialista votou a favor. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, informou que xa se está traballando na modificación da ordenanza, e explicou que mentras tanto, “existe a posibilidade de aplicar a lei de emprendemento que permite desenvolver seis concertos con carácter excepcional nun período de doce meses con declaración responsable, e así se ten articulado. Non foi difícil, posto que os locais que habitualmente ofertaban música ao vivo, tiñan presentado a súa correspondente Declaración Responsable amparados no articulado anulado froito do recurso da Xunta de Galicia e, en consecuencia, tamén tiñan sonómetro limitador e rexistrador, seguro de responsabilidade civil e acreditación do seu illamento e capacidade de evacuación”, subliñou.
Interpelación
O concelleiro de Centros Sociocultuais, Javier Fernández, respondeu á interpelación sobre os pregos e a licitación da xestión da rede de centros socioculturais. Explicou que o novo contrato “foi deseñado co obxectivo de dar unha maior especialización ás diferentes actividades que se desenvolven nos Centros Socioculturais. Tamén pretende dar a oportunidade, a eses/esas profesionais que teñen unha empresa e que se adican ao mundo da animación sociocultural, da informática, das bibliotecas… A maiores, hai unha aposta seria polos centros especiais de emprego. Podemos compartir ou non que se licite por lotes, pero en canto a obxectivos, cremos, creo, que estamos no camiño acertado”, engadiu.
Mocións
A primeira moción, relativa a incluir nos orzamentos de 2022 unha partida para a redacción dun Estudo de detalle para resolver as deficiencias detectadas, reconfigurando espazos para garantir a accesibilidade a todos os edificios da rúa do Bispo Teodomiro e a reurbanización da zona para gañar calidade de vida para a veciñanza deste barrio compostelán, foi aprobada por unanimidade.
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, advertiu que “estamos ante un ámbito dunha complexidade extrema que esixe, para solucionalo, un proxecto e uns recursos moi importantes”. Pero, engadiu, “neste goberno temos moi claro que é importante dotar a todas as vivendas de condicións de accesibilidade universal”.
Tamén foi aprobada a moción para reclamar o mantemento da médica pediatra adscrita ao centro de saúde das Galeras, a xornada completa. O Grupo Municipal Socialista votou a favor. Defendeuna a concelleira de Políticas Sociais e Saúde. Mila Castro puxo o acento nas dificultades dos centros de saúde, “agravadas polos recortes de recursos materiais e sobre todo, polos recurtes en recursos humanos”. Carencias de persoal, continuou, “que perxudican gravemente á calidade do sistema e que fan que o persoal sanitario teña que multiplicarse a base de sobre-esforzos, prolongando ou dobrando as súas xornadas de traballo; e que as persoas usuarias teñan unha carencia de atención”.
Mila Castro alertou que desde hai anos “é notoria a falta d epediatras nos centros de saúde”, e que o coelctivo leva máis de 15 anos denunciando unha situación que, engade, “vese agravada debido aos recortes orzamentarios. Un modelo de asistencia que se atopa en grave perigo”.
O pleno aprobou os dous puntos nos que se dividía o acordo: reclamarlle ao Goberno da Xunta o mantemento da xornada completa da médica pediatra adscrita ao centro de saúde das Galeras para manter a calidade deste servizo; e convocar, de xeito inmediato, tal e como se comprometeu a concelleira, o Consello Municipal de Saúde para tratar estes e outros temas vinculados coa situación sanitaria na cidade.
Tamén saiu adiante o acordo, ao que se engadiu unha emenda “in voce” do Grupo Socialista, para realizar as xestións necesarias coa Xunta para a cesión dunha parcela con fin de cumprir o acordo para a construción e posta en funcionamento dun centro de día público no ámbito do Plan parcial das Fontiñas, e de dotar dun local á zona do Ensanche coa mesma finalidade.
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, defendeu o voto a favor do PSdeG. Sinalou que “o concello de Santiago foi sempre un concello moi sensible e xeneroso en todos os plans parciais, para dotar á cidade de todos os equipamentos públicos necesarios, e neste caso non vai ser diferente. O deseño e planeamento urbanístico sempre estivo e está pensado para a cidade e para a cidadanía”.
Segundo informou Rosón, a parcela que previsiblemente se donará á Xunta, é a DOC-15, ocupada na súa maior parte pola Escola Infantil e pola Ludoteca, e da que queda sen ocupar unha superficie aproximada de 3.000 m² de superficie. Esta parcela pode edificarse cunha altura máxima de 4 plantas (12,50 metros de altura). Por semellanza ca ordenanza de equipamento AS-Asistencial e M-Multiusos, a edificabilidade será de 1,5 m2/m2 e unha ocupación máxima do 70% da parcela.
Na moción número tres para, entre outros puntos, desenvolver unha planificación sobre os comedores escolares, o PSdeG local abstívose; igual que na moción número cinco, sobre reutilización da infraestrutura de cabinas telefónicas. O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández informou que, a día de hoxe, “son máis de 20 cabinas retiradas na cidade”.
O PSdeG tamén se abstivo na moción número sete, xa que, sinalou Mercedes Rosón, “moitas das demandas para mellorar a mobilidade, a seguridade, e a calidade ambiental en San Lorenzo, o Carme de Abaixo e a ribeira do Sarela xa foron solventadas” e noutras estase traballando. E na seguinte, que se debateu, relativa a defensa dun ferrocarril qeu “vertebre o territorio e arrefríe o planeta”.
A moción para dar apoio ás revindicacións das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, foi aprobada conxuntamente por todos os grupos da Corporación Municipal.
Moción conxunta de apoio ao persoal do SAF, o Servizo de Axuda no Fogar
En canto á moción de urxencia en relación coa sentenza que anula o incremento de aforo concedido en 2019 a unha discoteca (que pasaba, segundo o texto da moción, de 400 a 711 persoas), a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, confirmou que non se vai recorrer a sentenza.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela