Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
A guerra en Ucraína, provocada pola invasión rusa, está cambiando o escenario xeopolítico mundial con graves consecuencias humanitarias e económicas. Así o puxeron de manifesto a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela; e o concelleiro de Relacións Institucionais do concello de Santiago, Sindo Guinarte, no primeiro dos faladoiros de “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade”, aberto á participación cidadá, e organizado pola Agrupación Socialista de Santiago de Compostela.
Segundo explicou Pilar Cancela, xa hai uns dez millóns de desplazados, vítimas civis, sobre todo mulleres e nenos, que fuxen das represalias do exercíto de Putin. “Podemos falar”, sinala, de crimes de guerra e crimes contra a humanidade.
Pilar Cancela destacou a resposta solidaria da cidadanía española. O Goberno de Pedro Sánchez reaccionou, sinalou, cun paquete de medidas moi potente, de 38 millóns de euros; 30 para Ucraína e o resto para os países limítrofes que están soportante en maior medida o éxodo ucraíno. Pero a secretaria de Estado de Cooperación Internacional advirte, “toda esa axuda debe ser coordinada entre as ONGS e as distintas administracións. No caso do Estado Español fíxose a través das comunidades autónomas, da FEMP e da FEGAMP. Hai, explicou, 73.000 persoas procedentes de Ucraína con protección temporal, a maioría mulleres, nenos e nenas.
A Santiago chegaron 50 desas persoas, a maioría, segundo relatou Sindo Guinarte, mulleres con fillos pequenos. “Buscámoslle un lugar onde puideran dormir e comer”, sinalou. “Neste caso foi importante a axuda da Igrexa, que facilitou esa acollida. Atendemos as súas necesidades urxentes e a continuación”, indicou”, buscámoslle un acomodo máis estable”, en colaboración cos servizos sociais doutros concellos. A maioría deles, engadiu, teñen a perspectiva de volver a Ucraína no tempo máis breve posible.
Conversas coa cidadanía
“Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” é un ciclo de faladoiros organizados polo Comité Executivo da Agrupación Socialista de Santiago de Compostela, abertos ao público, e nos que se abordan distintas temáticas que están na axenda informativa e que afectan directamente á veciñanza de Santiago.
A segunda das conversas, sobre os fondos europeos Next Generation, está programada para o 19 de maio ás 19:30 h. Está previsto que nela participe o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. O 15 de xuño, a temática versará sobre os tres anos do actual goberno socialista en Santiago de Compostela. Estarán presentes o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e o seu equipo de goberno. Farán balance dos tres anos de mandato e responderán as preguntas que lles formulen as persoas asistentes.
A temática das “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” escollida no mes de setembro é a actual situación económica. Nelas participará Xaquín Fernández Leiceaga, ex-portavoz socialista no Parlamento de Galicia e Doutor en Economía por la Universidad de Santiago de Compostela. Tamén está previsto falar sobre a Axenda 2030 e os retos que plantexa, xa no último trimestre do ano; e sobre outros asuntos de actualidade, que se irán concretando en proximas reunións da Executiva.
Este ciclo de “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” desenvolverase na Casa do Pobo, a sede do PsdeG de Santiago situada na Rúa de Ramón Cabanillas, número 6.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela