Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Censura o seu portavoz, Gonzalo Muíños, que se “tiñan un proxecto para un aparcadoiro de mil prazas” o que “tiñan que facer é executalo cos 11 millóns de euros que destinaron a unha senda entre Milladoiro e San Caetano que ninguén pediu”
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023. Unha tomadura de pelo é a ollos do grupo socialista a actitude da Xunta de Galicia respecto o aparcadoiro do Hospital Clínico. Logo de que o goberno local mantivera unha reunión co conselleiro de Sanidade e a de Infraestruturas que rematou sen avances, o portavoz dos socialistas acusa á administración autonómica ter financiación para outros proxectos “que non repercuten na vida das persoas” e “enredar cos asuntos realmente importantes”.
Muíños amosouse especialmente crítico coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez e o deputado Borja Verea ao asegurar que “se tiñan un proxecto para acometer un aparcadoiro de mil prazas, o que tiñan que facer é executalo” e “non dilatar algo que, como sempre, os que asumen as consecuencias son os veciños”.
Asegura o edil socialista que ese aparcadoiro poderían financialo cos 11 millóns de euros que se destinaron á senda ciclista entre Milladoiro e San Caetano un proxecto que, recorda, contou cunha forte oposición veciñal, “ou temos que recordar as alegacións presentadas polos veciños afectados?”.
“A Xunta ten 35 millóns para a ampliación das súas oficinas, ten 11 millóns para unha senda que ninguén pediu, ten 2 millóns para máis obras no Monte do Gozo” denunciou o portavoz dos socialistas criticando que esas sexan “as prioridades da Xunta” mentres “co aparcadoiro dun hospital público seguen enredando”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela