Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2023. O peche da farmacia de Marrozos que prepara o seu traslado ao Castiñeiriño -onde xa hai outras 5 oficinas de farmacia- será debatido tamén no Parlamento de Galicia. A deputada socialista por Santiago, Noa Díaz, preguntará en comisión se a Xunta de Galicia valora non autorizar o peche que “afectaría a preto de 6.000 persoas que viven nesa contorna”: “trátase de poboación de máis idade, sobre todo, que tería que desprazarse a outros lugares porque a zona quedaría desatendida, e que ademais non sempre dispoñen dun medio de transporte” explica Díaz.
Neste sentido a deputada insiste en que a Lei 3/2019, de 2 de xullo, de Ordenación Farmacéutica de Galicia “é moi clara” establecendo que “non se pode autorizar o cambio de emprazamento se este produce un detrimento grave do servizo farmacéutico da zona,” en especial “naqueles núcleos en que só exista esa oficina de farmacia como é o caso”.
Así as cousas desde o grupo parlamentario socialista presentouse ademais unha proposición non de lei para precisamente instar á Xunta de Galicia a non autorizar o cambio de emprazamento que solicita o novo propietario da botica “co fin de non prexudicar gravemente o servizo farmacéutico da zona”.
“Sumámonos á unanimidade do pleno do Concello de Santiago, a proposta tamén do Grupo Municipal Socialista e solicitaremos no parlamento que a Xunta, á que lle corresponde a última decisión, non autorice ese traslado” afirmou Díaz.
Un traslado que aparentemente responde a intereses puramente empresariais
A farmacia de Marrozos leva 45 anos na súa actual ubicación e foi tan só unha sema despois de adquirir a botica un novo propietario, en decembro do pasado ano, cando solicitou o traslado do negocio a unha nave industrial do Castiñeiriño.
Precisamente o calendario desta operación é o que fai sospeitar que a estratexia do comprador era facerse cunha farmacia a baixo custe e solicitar inmediatamente o seu traslado, sen ter en conta que o ese cambio de ubicación provocará graves trastornos na veciñanza que agora só tiña que andar 100 ou 200 metros para recoller os seus medicamentos e que agora veranse obrigados a percorrer ata 5km para acudir a Lestedo ou ao Castiñeiriño.
O grupo municipal presentara no primeiro pleno ordinario unha moción que foi asumida polo resto de grupos como declaración institucional instando á administración autonómica e ao Colexio de Farmacéuticos a estudar a solicitude de traslado para paralizar a operación.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela