Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2023. Máis dificultades e menos orzamento na nova convocatoria de axudas para actividades culturais que vén de abrir prazo de solicitude este mércores. É o que denuncian desde o grupo socialista que non ocultan a súa indignación ante a decisión do bipartito de excluír da convocatoria ás galerías de arte “que xogan un papel tan importante na promoción da industria cultural da nosa cidade”.
Nas bases da convocatoria establécese expresamente que non serán subvencionables as actividades estruturais como as exposicións das galerías de arte, unha decisión do bipartito que cuestiona Mercedes Rosón sinalando que “deixalas fóra da convocatoria é non entender o seu impacto social”. Recalca Rosón, que as galerías contribúen tamén a atraer un “turismo cultural” cun gran impacto económico local ao tempo que “da a coñecer novas artistas e contribúen a achegar o arte a toda a cidadanía”.
Menos prazo para a presentación de solicitudes e rebaixa orzamentaria
Rosón explica ademais que na nova convocatoria se rebaixa de un mes a “tan só” 16 días o prazo de presentación de solicitudes “que é ademais o prazo de xustificación das actividades que queiran subvencionar”. “O único que se consegue con isto é dificultar o acceso ás axudas” critica a edil socialista que sinala ademais a redución “considerable” do orzamento da convocatoria.
O importe global de crédito destinado a subvencionar estas axudas é de 250.000 euros fronte os 409.163,74 da anterior convocatoria, o que “supón unha redución de case o 40%”. Mercedes Rosón insiste na gravidade desta decisión que “só se pode valorar como unha desconsideración ao sector cultural que é precisamente un dos piares da Compostela creativa e diversa que queremos”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela