Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Tamén pedirán que a alcaldesa felicite publicamente aos axentes: “agardábamos que o fixese de motu proprio, pero pasado o tempo, temos que instala a que o faga como recolle o regulamento da Policía Local”
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2023. Hai unha semana que os policías locais do Concello de Santiago, Jorge Jamardo e Daniel Hermida lle salvaron a vida a un neno de apenas dous anos despois de atragantarse comendo nun restaurante da rúa da Raíña, e desde entón, sucedéronse as felicitacións aos axentes pola súa actuación, pero aínda non a da alcaldesa. Ante iso, o PSdeG levarán ao pleno un rogo solicitando esa felicitación, ademais de que se inste á Xunta a conceder a medalla ao mérito da Policía Local aos dous axentes.
O portavoz dos socialistas explica que a lei 4/2007, de 20 de abril, de condecoracións de policías locais inclúe no seu artigo 98 que a concesión desta medalla farase por “dirixir ou executar con éxito un servizo no que, pola súa especial e extraordinaria dificultade ou importancia evidénciense importantes calidades profesionais ou cívicas”. Este é o caso a ollos de Gonzalo Muíños, que cualifica esta condecoración “de xustiza”.
Muíños que tamén lle afeou á alcaldesa que, desde o día 31 de agosto, cando tiveron lugar os feitos, “non houbese ningún tipo de recoñecemento ou felicitación a título institucional”: “o propio regulamento da Policía Local de Santiago establece a posibilidade de realizar unha felicitación pública a aqueles membros do corpo que se distingan durante a prestación do servizo ou teñan unha actuación destacada ou especialmente meritoria, como é o caso”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela