Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023. Os socialistas esixirán explicacións no próximo pleno ante o “ocultismo” do bipartito sobre o estado da ‘operación Peleteiro’. Precisamente sinalan que a ausencia de explicacións son o “máis claro síntoma” de que “o que ían ser vivendas e unha gran praza pública, con xardíns, centro de día e centro sociocultural; rematará sendo un enorme centro comercial e un hotel, conxestionando o tráfico no Ensanche, arrasando co comercio local e eliminando a posibilidade de crear máis espazos públicos”.
O portavoz do PSdeG en Raxoi endureceu hoxe o ton ante unhas explicacións “insuficientes para un goberno que dicía ser o da transparencia”. Gonzalo Muíños insiste en que “a cidadanía ten o dereito de saber que é o que se está argallando para unha parcela que prometía ser un elemento de revitalización do Ensanche”.
E é que en maio, a propiedade da parcela presentou unha solicitude de licenza no Concello, depositando ademais arredor de medio millón de euros para o pago de taxas, coa que podería construír un gran centro comercial, con hotel e apenas 40 vivendas, que é o que contempla o actual Plan Xeral.
Precisamente en decembro do pasado ano os socialistas levaran a pleno unha modificación do PXOM para cambiar os usos, reducir a volumetría -baixando a altura do edificio e incrementando os espazos públicos dando lugar a unha gran praza de uso comunitario- e impulsar o carácter residencial reservando un 20% das vivendas para a súa venta a prezo taxado. Unha modificación que BNG, Compostela Aberta e Partido Popular bloquearon “por intereses partidistas”.
“Dixo a señora Sanmartín na súa toma de posesión que este ía ser o goberno da transparencia, e o será, moi ao seu pesar, aínda que sexa a través de interpelacións plenarias ante o secretismo co que está actuando neste tema” censurou Muíños.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela