Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023. O PSdeG de Santiago lanza a páxina de santiagovai.ogr, onde está dispoñible un mapa interactivo con todos os avances da cidade. Nel, vese o traballo de catro anos de mandato do alcalde Xosé Sánchez Bugallo e como Compostela mellorou.
Cun orzamento total de 30.494.177,20 €, na web destácanse 85 obras rematadas e 69 en proceso. No mapa están sinaladas cada unha delas cun punto onde está a localización concreta da mellora, con información do presuposto destinado, o tipo de traballo realizado e a fase na que se atopa.
Así pois, calquera cidadán pode ver rapidamente na páxina datos sobre diferentes actuacións, como a reurbanización da rúa do Horreo fronte á Intermodal, cun orzamento de máis de 590.000 euros, ou a reurbanización do vial Clara Campoamor, con máis de un millón e medio de euros de inversión. Estas actuacións permiten facer a cidade máis amable, priorizando a mobilidade peonil e de vehículos brandos.
O mapa mostra que Santiago Vai, que avanza e precisa seguir así para continuar mellorando o día a día da xente, con espazos cómodos e humanos. De cara ao próximo mandato, o alcalde ten o gran obxectivo de coser a cidade, eliminando as barreiras humanas que permitiron conectar os barrios a través do vehículo privado: transformando Romero Donallo nun bulevar que conecte Castiñeiriño, Pontepedriña, Conxo e Santa Marta co Ensanche; humanizando Amor Ruibal, reurbanizando o Restollal ou cosendo o barrio do Conxo na SC-20 co espazo Antón Fraguas.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela