Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2023. A restauración do modelo de préstamo universal dos libros de texto implantado polo socialista Pérez Touriño será motivo de debate no Pazo de Raxoi. O Grupo Municipal Socialista levará ao próximo pleno unha moción coa que buscarán o acordo da corporación para instar á Xunta a recuperar a súa gratuidade “fronte o actual sistema de axudas parciais que apenas cubre ao 40% das familias que, neste mes de setembro, teñen que facer un desembolso por fillo ou filla que pode chegar aos mil euros” afirmou Marta Abal.
A concelleira socialista insiste en que este modelo é menos custoso e máis eficiente que o modelo imposto polo PP dende o 2009. Lembrou que, mentres Galicia anuncia que o seu modelo custará 25,6 millóns, en Andalucía, onde manteñen o modelo socialista, con 60 millóns de euros atenden a 4 veces máis alumnos de primaria e 5 veces máis alumnos de ESO.
“Agardamos que o Partido Popular de Santiago sexa consecuente co que di o señor Feijóo en Madrid e non co que fixo o señor Feijóo en Galicia” criticou Abal, que buscará o consenso no próximo pleno para elevar esta cuestión á Xunta. Unha medida que se suma á proposición non de lei que o grupo parlamentario presentou no Hórreo co mesmo fin.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela