Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Todos os grupos acordaron instar á Xunta de Galicia a establecer canles de diálogo co sector para consensuar un plan de rescate con medidas económicas e axudas directas para manter o emprego e dinamizar a hostalería galega; a reconsiderar as restricións de abertura dos locais de ocio nocturno nos mesmos termos que os establecidos para o resto de locais de hostalería, de acordo co Comité científico que asesora ao goberno autonomico; e a aprobar exencións de tributos autonómicos á hostaleira, como mínimo ata o verán de 2021.
Na mesma moción, instan ao goberno do Estado a manter unha prorroga permanente dos ERTE ata plena recuperación do sector; piden axudas directas aos traballadores e traballadoras autónomas que non poidan abrir os seus negocios; e solicitan a aprobación dunha exención nas cotas de seguridade social, como mínimo, ata o verán do 2021. En canto ao goberno local, solicítanlle que
aprobe a extensión das exencións das taxas de terrazas ao longo do ano 2021; que facilite a actividade no exterior dos locais, permitindo ata a próxima Semana Santa o uso de estufas de calefacción, como mobiliario desmontable, e preferentemente eléctricas ou abastecidas con enerxías renovables, e mamparas igualmente desmontables; e que valore a consignación no orzamento de 2021 dunha partida axeitada que permita a convocatoria de axudas, entre outras como as convocadas en 2020, para autónomos e PEMES especialmente pertencentes ao sector da hostaleira. Por último, todos os grupos manifestan a comprensión do Pleno da Corporación ás reivindicacións e mobilización do sector diante da gravidade da crise da Covid-19.
En relación á segunda moción conxunta acordaron trasladar ás entidades financeiras o rexeitamento por parte do Pleno da corporación da aplicación de comisións e gastos abusivos sobre as contas correntes; amosar o apoio e solidariedade coas persoas afectadas e coas mobilizacións e protestas dos clientes das entidades financeiras; solicitar ás entidades financeiras a devolución das comisións cobradas no mes de xuño, e a súa eliminación no futuro; e instar ao goberno de España a que garanta que aos clientes das entidades financeiras non se lle apliquen comisións e gastos abusivos.
O pleno comezou coa aprobación, por unanimidade, dos festivos locais propostos por Alcaldía para o 2021. Son o 13 de maio, día da Ascensión; e o 16 de agosto, día de San Roque. No segundo punto da orde do día deuse conta da representación do Grupo Socialista na Comisión da área social, cultural, participación, igualdade e transparencia, integrada polos concelleiros Mercedes Rosón, Mila Castro e Rubén Prol.
O Grupo Socialista abstívose na moción do grupo do BNG, para desenvolver un plan para a mellora do barrio das Fontiñas. O concelleiro, Javier Fernández, explicou que se están atendendo as demandas veciñais, tanto en Fontiñas, como noutros barrios da cidade. Ese compromiso cos barrios tradúcese en investimentos en obras que superan o medio millón de euros. A pesares explicou Javier Fernández, da “limitada capacidade de actuación a nivel orzamentario executamos en tempo e forma os compromisos adquiridos coa veciñanza”.
Respecto á moción do grupo de Compostela Aberta sobre o desenvolvemento dun curso escolar seguro, na que o PSdeG se abstivo, o concelleiro de Educación, sinalou que hai que “facer”, non só propor, e que grazas ao traballo do goberno local hai comedor. Rubén Prol deu as grazas ao alcalde, Sánchez Bugallo, e a Noa Díaz por sacar adiante o servizo de comedor e madrugadores e destacou que o curso xa estaba planificado desde xuño, e que existe coordinación coas ANPAs e coas direccións dos CEIPs desde o primeiro momento.
Todas as mocións foron aprobadas, incluida a de apoio ao Real Padroado da Cidade de Santiago.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela