Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Outra imaxe do minuto de silencio
O Pleno do Concello de Santiago, presidido polo alcalde Xosé Sánchez Bugallo, que comezou cun minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia machista, aprobou unha declaración institucional, a iniciativa do Goberno Municipal, na que a Corporación manifesta o seu firme apoio e compromiso para que a cidade de Santiago de Compostela albergue a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).
Declaración institucional DI_AESIA
Tamén se aprobou por unanimidade unha proposta de Alcaldía que xa contara co respaldo de Todos os grupos da Corporación Municipal no Consello Asesor de Condecoracións, na que se propuña:
Proposicións
Mercedes Rosón, Sánchez Bugallo e Mila Castro
A primeira proposición que se debateu foi a número 5, sobre facilitar a accesibilidade ao novo edificio do proxecto do polo de innovación de biotecnoloxía na Sionlla. A abstención do Grupo Socialista defendeuna a concelleira de Urbanismo. Mercedes Rosón aclaroulle que a parcela EQ-2a, onde se está a executar o edificio do “Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas” (CSIEB), “conta cos accesos peonís e rodados suficientes para dar servizo ao edificio e á parcela asociada desde o viario ao que da fronte (Rúa de Murcia). Algo que vostede e o seu grupo xa debían saber cando presentaron esta proposición”. Engadiu, ademais, que o “Proxecto Básico e de Execución do edificio para o CSIEB (actualmente en construción) inclúe tamén execución das obras de acondicionamento e urbanización do espazo exterior da parcela EQ-2a; así como aquelas exteriores á parcela”.
Concordo en que a estratexia de reindustrialización de Santiago de Compostela é fundamental para non vincular as bases económicas da cidade a tan só o sector turístico… Pero isto tamén era fundamental hai dez anos, hai oito, hai sete e hai cinco. E que fixeron vostedes para impulsar o desenvolvemento da nosa industria? Que fixeron vostedes en materia de innovación?
Na segunda intervención afeou a Compostela Aberta o “abandono” no que estaba o parque empresarial da Sionlla cando comezou o mandato do goberno de Sánchez Bugallo. “En materia de saneamento, por exemplo. Estaba feita a urbanización, pero sen determinados servizos. Esa zona norte, na que se atopa a parcela do bipolo, berte cara a Sionlla. Xestur deixara un bombeo, pegado o núcleo da Xionlla pero nunca se puxera en marcha. Houbo que acondicionalo, unha das primeiras cousas que fixemos neste mandato, para por en marcha ese saneamento. En canto ao abastecemento. Xestúr construira un depósito novo, en Son de Abaixo, pero non estaba enganchado ao sistema de saneamento da cidade. Quedaba en cuotas diferentes. Este goberno encargouse da balbulería e das interconexións, para que quedar interconectado e operativo. En canto á enerxía eléctrica. O proxecto contemplaba unha subestación, pegada o bipolo, que se acaba de construír con Fenosa”. Sobre o ramal do orbital, construido por Xestur, Rosón informou que “ non estaba conectado en ningún dos extremos. Foi este goberno o que lle dou continuidade. E de feito, o Ministerio de Transportes está executando esa a conexión coa AP-9, cunhas obras que xa están a piques de rematar. E de xeito paralelo, estase a traballar no orbitaliño. Como pode deducir das miñas palabras, atopamos un parque empresarial nunha situación moi precaria a nivel de servizos. Que fixeron vostedes en canto a saneamento, abastecemento de auga e conexións?”.
A continuación interveu o alcalde, quen, respondendo á portavoz de Compostela Aberta, sinalou que “non creo que estea autorizada para asumir ningunha representación dos promotores do Biopolo nin da Asociación Empresarial do Tambre”. Sánchez Bugallo lembrou que foi este goberno quen concedeu a subvención e a licenza “e púxose en marcha o Biopolo”. Aclarou tamén que foi o propio empresariado quen lle manifestou que a axuda de 300.000 euros acordada, se destinase a equipamento, “que o acceso téñeno garantido”.
O Grupo Socialista tamén se abstivo na proposición sobre o mantemento da emisión por streaming das roldas de prensa e das sesións plenarias. O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais, e portavoz do Grupo Municipal Socialista, Sindo Guinarte, aclarou que desde principios de mes estanse retransmitindo por streaming os plenos e as roldas de prensa de Xunta de Goberno.
Sindo Guinarte foi contundente: “non nos parece que desde os grupos da oposición se plantexen esixencias ao goberno que non foron cumplidas cando eles eran executivo. Retransmitir as roldas de prensa da oposición é algo que xa se podía facer no mandato de Compostela Aberta e do PP”. E, continuou, “os grupos municipais teñen os seus propios medios que poden utilizar para a transmisión por streaming. Pero nós non consideramos que esa deba ser a función municipal”. Guinarte lembroulle ao BNG que na cidade de Pontevedra “unicamente os plenos se retransmiten por streaming. Creo que dicir que non transmitir as roldas de prensa dos grupos municipais agocha información e afecta á transparencia, pois ven a dicir que cando eran goberno agochaban informacion ou non atendían á transparencia”, concluiu.
O portavoz do Grupo Socialista tamén defendeu a abastención na proposición sobre a elaboración dunha estratexia para a accesibilidade, posta en valor e mantemento de edificios de interese histórico, cutural e turístico de Santiago. Sindo Guinarte informou que “desde o Plan de Sostibilidade Turistica estamos traballando en varias destas liñas, como un Plan de accesibilidade universal no exterior de edifificos e lugares de interese turístico, “así como espazos relevantes que precisan unha intervención nese ámbito”. En canto á accesibilidade interior, apóstase, engadiu, por “facer determinados espazos como visitables”, cunha “entrada única para eses espazos que non teñen un elevado atractivo individualmente, pero que en conxunto poden ser un elemento importante”. A idea é, indicou, axudar na desestacionalización do sector turístico, e alongar a estadía “das persoas que nos visitan”.
En canto a asumir o mantemento deses edificios de interese histórico cultural e turístico da Cidade Histórica, “parécenos unha obriga que excede con moito a capacidade e titularidade do Concello”, xa que, recordou, nesta catalogación hai edificios de titularidade privada” e unha gran maioría, que pertencen á igrexa. O mantemento non é algo que debe asumir, como un plan, o Concello, xa que correspondería ao Consorcio ou a outras instancias, engadiu.
A ultima proposicion debatida foi a relativa á apertura do novo centro cívico da cidade vella situado na praza de Salvador Parga. O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, explicou o voto de abstención do Grupo Socialista. “Entendo que non podemos aprobar algo que xa estamos facendo. A veciñanza e as asociacións culturais, neste momento, son coñecedoras e parte neses avances no centro sociocultural de Salvador Parga, e seguirano sendo nun futuro; tamén a nivel de usos e de programación, como xa se está facendo noutros centros socioculturais”.
Plano xeral do pleno
Javier Fernández aclarou que “xa estamos a traballar, en contacto coa veciñanza, para dotar ao centro de Salvador Parga cos mellores recursos que nos sexa posible, tanto humanos como materiais”. Sobre as canles de diálogo, indicou “sempre as mantemos abertas, con palabras e con feitos. Valoramos o esforzo e as aportacions da veciñanza. E este non é un caso illado. Reunínme o 5 de xullo ás seis da tarde coas asociacións da cidade histórica, tanto veciñais como culturais, e con parte dos seus membros. Foi no centro sociocultural Salvador Parga. Ali, todos e todas puideron comprobar de primeira man os traballos realizados, e o que queda pendente. Unha vez que recepcionemos a obra amoblaremos o local, sempre consensuándoo coas asociacións. Quedamos en facilitarlle un catálogo para que escollan os mobles máis axeitados ás súas necesidades. En canto este amoblado, procederemos á apertura. Como pode comprobar, estamos en contacto coa veciñanza, e saben de primeira man, que este goberno está para o que necesiten”
O Centro Sociocultural de Salvador Parga é unha das 53 actuacións recollidas na Memoria do departamento de obras de 2021. Trátase dunha actuación sobre patrimonio catalogado, que contou cun orzamento de adxudicación de 263.116,21 euros; e que se rematou este mesmo ano. Na visita do pasado 5 de xullo, os representantes da veciñanza e das asociacións culturais puideron comprobar os traballos realizados, que garanten a accesibilidade universal do edificio.
Interpelación
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, informou á oposición, en relación á interpelación sobre a posta en servizo dos quioscos da Alameda e da Praza de Vigo, que onte foi adxudicado o da Alameda á empresa Kioscos de Galicia S.L. Polo que respecta ao da Praza de Vigo foi rotunda ao indicar que non se vai facer unha nova licitación.
Tamén reiterou que “mantemos a intención de dotar a ese espazo público (Alameda) cun aseo adaptado e accesible polo que se incorporará este aseo no contrato de marquesiñas e mobiliario urbano cuxa licitación se está preparando”. Mila Castro sinalou que “era unha condición explicitada nas bases o mantemento dese aseo adaptado” contiguo ao quisco.
Mila Castro lembroulle á oposición que tanto estes dous quioscos, como outros localizados en Sar, ou Xoan XXIII, “permaneceron pechados e esquecidos desde hai alomentos 10 anos, nunha situación de deterioro notable e aos que por fin este goberno lle bota man”. Algo que non fixeron os executivos do PP, grupo que formulou a interpelación; e o de Compostela Aberta.
Mocións
A primeira moción que se debateu, sobre a mellora dos espazos e servizos públicos no Castiñeiriño e para a ampliación dun parque infantil aprobouse por unanimidade.
O voto a favor do Grupo Municipal Socialista defendeuno a concelleira Mila Castro. A responsable de Medio Ambiente lembrou que “polo menos na primeira parte do acordo” de proceder á ampliación do parque infantil do Castiñeiriño situado entre as rúas José Antonio Souto Paz e Alejandro Pérez Lujín”, a iniciativa, engadiu, “é do Grupo de Goberno. Conscientes do redeseño e redimensión que é necesario na área de xogo, cunha superficie que o fai escaso para a alta demanda de familias con nenos e nenas de tódalas idades, foi precisamente unha das accións que propuxemos na negociación dos actuais orzamentos”.
“Queda fóra de toda dúbida”, continuou Mila Castro, “a nosa especial sensibilidade en aumentar e actualizar esta instalación, prestando especial interese en adcuala ás normativas de seguridade vixente”. A continuación anunciou que esta ampliación está xa desde onte en contratación para poder facela efectiva á maior brevidade posible a través da licitacion correspondente”.
Sobre a mellora dos espazos e servizos públicos, indicou que “todo é mellorable e ese é o noso empeño. Ás veces limitacións orzamentarias fan que teñamos que establecer prioridades, pero eu agardo que en concreto, neste caso, poidamos seguir facendo un labor para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños non só deste barrio, senón de todos os barrios da cidade e parroquias do rural”.
Na segunda moción que se debateu, pra a mellora da información e sinalización turística, o Grupo Socialista abstívose. O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, recordou que había unha partida reservada para tal fin, que ao final se destinou a “sufragar os gastos das persoas de Ucraína que chegaron a Compostela”, porque “non se viu esa necesidade”. Guinarte argumentou que “este ano, a presenza de persoas no espazo público é moi inferior a anteriores Anos Santos”. Lembrou que fronte ao centro de acollida ao peregrino”, hai unha oficina de información turísticas, e tamén recordou á oposición a utilización de medios electronicos, como apps, “que utiliza todo o mundo para este fin”.
Nan súa intervención, o responsable de turismo informou que no “Plan de contratación”, está “recollida a licitación dun plan de señalética turística que pretende que se utilice unha tecnoloxía non invasiva, (que xa fora obxecto doutra moción aprobada en pleno), para localizar todos os monumentos e espazos de interese en toda a contorna municipal. Respecto ao tema das paradas” continuou, “tamén está en marcha unha nova limitación das marquesiñas, con indicacións ao respecto”.
Sindo Guinarte tamén defendeu a seguinte moción para o avance na modernización ferroviaria de Galicia e a dotación de trens Abril de ancho variable, na que o Grupo Socialista se abstivo; posición que mantivo na moción numero 6, relativa ás revindicacións das tripulación de cabina que operan no aeroporto, na que tamén interveu o concelleiro de Turismo.
Tamén botou abstención na seguinte moción para dar a coñecer o espazo do Monte de Deus e atender as demandas veciñais para estender as liñas de autobús urbano á zona de Vite. Sobre o primeiro punto, o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, recordou que o Día Mundial do Medio Ambiente se inaugurou, a ruta Xiro dos Montes, na que está incluida o Monte de Deus. En canto ao transporte urbano que pasa pola zona, lembrou que hai 9 servizos en días laborables, e que no mes de xuño a media de utilización por día foi de 6 usuarios. Aínda así, sinalou que se falará coa asociación veciñal por se hai que mudar os horarios, sobre todo en fins de semana. Recordou que a 400 metros, hai a liña 5; e a 500 metros outra parada con máis liñas.
A moción número 7, presentada por Compostela Aberta para completar o proxecto de reforma do límite leste da Alameda e as obras de reforma e mellora da accesibilidade da rúa do Pombal, que tamén se refir a coordinación das concellarías nas obras. Defendeuna a concelleira de Urbanismo.
Mercedes Rosón preguntou que fixera CA durante catro anos para executar a revisión do planeamento para ampliación do parque e do límite leste da Alameda.”, sinalou. “Pola contra, este Goberno, diante dos desprendementos causados polas fortes chuvias desenvolveu actuacións urxentes e provisorias, atendendo as conclusións e recomendacións dos informes e estudos xeotécnicos e tramitou ordes de execución unha vez que quedou patente a imposibilidade de acordo cos propietarios”.
“Por outra banda”, continuou, “encargáronse os traballos de remodelación do linde leste do Parque, co obxecto de resolver os problemas derivados do seu estado. Un proxecto para definir a traza definitiva do muro e noiros da Rúa do Pombal, cun tratamento acorde coa calidade urbana e a protección patrimonial do espazo, contemplando o novo acceso ao parque previsto no P.E.-1 (Plan Especial -1)”.
O proxecto, continuou Rosón, “incorporou as directrices e previsións do Plan Estratéxico (P.E.) e os estudos realizados xa no ano 2013 por arquitectura municipal. Pasou o goberno do PP. Pasou o goberno de Compostela Aberta, e por fin, aprobámolo, nós, en Xunta de Goberno o 30 de novembro de 2020. Con posterioridade a estas actuacións produciuse o desprendemento doutra parte do muro da finca situada en Travesa do Gaio, fóra do ámbito de ampliación do parque; o que obrigou á reposición do muro polos seus titulares. Neste contexto, para axilizar a remodelación da zona, decideuse acometer as obras previstas no proxecto en dúas fases , atendendo á dispoñibilidade dos terreos. O proxecto que desagrega e define as obras correspondentes a cada fase aprobouse o 1 de marzo de 2021 pola Xunta de Goberno. Así, delimitouse unha primeira fase que se corresponde con terreos que xa son de titularidade municipal , e polo tanto dispoñibles para acometer a remodelación da zona tan pronto se adxudicaran as obras”.
“Durante o primeiro trimestre deste ano”, continuou Rosón, “este Goberno executou as obras na parcela propiedade municipal Obras que non levou a cabo Compostela Aberta, que tampouco contratou ningún proxecto, nin iniciou expediente algún de orde de execucion, nin de licenza nin de expropiación do que agora parece considerar esencial”. O Grupo Socialista abstívose.
A última moción, por un monte galego con futuro, tramitada por urxencia, e na que houbo un empate a votos, defendeuna o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, que comezou a súa intervención solidarizándose cos afectados nos últimos incendios forestais acontecidos nas zonas do Caurel, Valdeorras, Vilariño de Conxo (que afectou ao parque natural do Invernadeiro) e Oimbra.
Emisión do pleno do 27 de xullo de 2022
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela