Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O vindeiro martes, 21 de xuño, ás 19:30 h, terá lugar, na Casa do Pobo, o terceiro dos faladoiros do ciclo “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade”, sobre os “Tres anos de mandato do goberno socialista de Sánchez Bugallo”. Estarán presente o alcalde e o seu equipo de goberno, para facer balance do mandato e responder ás preguntas que lle formulen as persoas asistentes.
Foto arquivo. O equipo de goberno o día da toma de posesión.
Tres anos de goberno caracterizados por unha pandemia a nivel mundial, que derivou nunha crise sanitaria e nunha crise económica, que obrigaron a cambiar a orde de prioridades do equipo de Sánchez Bugallo para dar resposta ás necesidades cambiantes e máis perentorias da cidadanía. Destacan as actuacións de apoio aos sectores económicos máis gravemente afectados; e o mantemento dos servizos públicos en circunstancias moi diferentes ás que viñan sendo habituais e para as que estaban concibidos.
De xeito paralelo o goberno de Sánchez Bugallo sigue avanzando no cumpriento dos cinco puntos incluídos nos acordos do Foro Cívico: industrialización, intermodal, infraestruturas, EDAR, e reforma e modernización da administración local; así como nos obxectivos marcados para a construción dunha cidade de futuro, dunha cidade de oportunidades. Todas estas actuacións explicaránse máis polo miudo o próximo martes, neses balance de tres anos de mandato.
Conversas coa cidadanía
“Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” é un ciclo de faladoiros organizados pola Agrupación Socialista de Santiago de Compostela, abertos ao público, e nos que se abordan distintas temáticas que están na axenda informativa e que afectan directamente á veciñanza de Santiago. Todas elas son abertas para quen desexe asistir, e celébranse na Casa do Pobo, localizada na rúa de Ramón Cabanillas, 6 entrechán D., aquí en Santiago de Compostela.
A temática da proxima cita de “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” prevista para setembro, é a actual situación económica. Nela está previstoque particpe Xaquín Fernández Leiceaga, ex-portavoz socialista no Parlamento de Galicia e Doutor en Economía por la Universidad de Santiago de Compostela. Tamén está previsto falar sobre a Axenda 2030 e os retos que plantexa, xa no último trimestre do ano; e sobre outros asuntos de actualidade, que se irán concretando en proximas reunións da Executiva.
O pasado dous de xuño tivo lugar a segunda das conversas do ciclo, impartida polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, baixo o título “Plan de recuperación do Goberno: oportunidades para cidadanía e concellos”. Despois da introdución de Sánchez Bugallo, Miñones explicou as contías e mecanismos de axudas procedentes dos fondos Next Generation, centrándose nas áreas de vivenda, rexeneración urbana, fibra óptica, e dixitalización de empresas; e pediu aos concellos que informen á poboación das mesmas, co obxectivo de que se executen todos estes fondos que está recibindo Galicia.
O primeiro dos faladoiros xirou arredor das consecuencias da guerra en Ucraína, provocada pola invasión rusa, que según puxeron de manifesto a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela; e o concelleiro de Relacións Institucionais do concello de Santiago, Sindo Guinarte, está está cambiando o escenario xeopolítico mundial con graves consecuencias humanitarias e económicas.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela