Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Gonzalo Muíños recorda que na edición do pasado ano foron 15.000 persoas as que pasaron polo Multiusos reconvertido nun enorme parque de atraccións de 3.500 metros cadrados.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023. O Multixogo Nadal volvía a celebrarse o pasado ano en Sar convertendo os 3.500 metros cadrados do Multiusos nun gran parque de atraccións cuberto para os máis cativos. Durante oito días contou cunha programación diversa con concertos, contacontos, sesións de maxia ou obradoiros. Unha iniciativa que os socialistas queren que se repita este anos.
Gonzalo Muíños explica que, no próximo pleno, pedirán ao bipartito que lle dea continuidade a unha actividade que conseguiu que ata 15.000 persoas pasasen polo Multiusos con unha tirolina de 80 metros, circuítos inchables, rocódromos ou un circuíto de karts. “Queremos un nadal que se faga pensando, sobre todo, nos máis cativos” recalcou Muíños que confía en que a concelleira de Festas non poña trabas a unha actividade que “non deixou a ninguén indiferente”.
O portavoz dos socialistas insistiu ademais na viabilidade desta actividade “toda vez que os cartos para a iluminación xa os deixamos reservados” e no pasado pleno o PSOE votou a favor dunha modificación de crédito para a financiación do Mercado de Nadal.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela