Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O Grupo Socialista do concello de Santiago apoiou hoxe, na Praza do Obradoiro, a concentración organizada pola Plataforma SOS Sanidade Pública na que se leu un manifesto pola recuperación do sistema sanitario público galego trala epidemia da COVID-19. Estaban presentes os concelleiros de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro; de Urbanismo e Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón; de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños; de Barrios e Obras, Javier Fernández, e de Educación e Mocidade, Rubén Prol. Tamén asistiu a deputada autonómica polo PSdeG, Noa Díaz.
A concentración realizouse en 15 cidades e localidades galegas de xeito simultáneo. A xornalista Margarita Ledo leu un manifesto no que se denuncia a “utilización política e partidista da COVID 19 por parte de Núñez Feijoo” que, segundo o documento, “acapara toda a información e decisións sobre a pandemia nos medios de comunicación, aproveitando o traballo realizado polo persoal da sanidade pública no seu beneficio politico persoal”.
O manifesto tamén incide en que a “pandemia chegou a unha Atención Primaria debilitada a deteriorada polos gobernos do PP, sen suficientes recursos humanos, materiais e organizativos”. Unha Atención Primaria, continúa, “que tería que ser fundamental para o seguimento, control e tratamento de enfermos da COVID 19, tanto nos Centros de Saúde como nos seus domicilios, encontróuse ca falta de recursos, o que limitou a súa capacidade para poder asumir esas novas funcións e poder continuar atendendo adecuadamente as outras patoloxías e demandas da poboación”.
O texto subliña, especialmente que “as barreiras de acceso aos Centros de Saúde e ás especialidades hospitalarias, que suspenderon consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas”, está afectando “á saúde da poboación e está xerando un gran malestar, tanto do persoal sanitario, como a nivel social”. A dificultade, continúa o manifesto, “para comunicar cos centros de saúde e para recibir unha asistencia presencial, favorece que a poboación recorra ao sector privado o que incrementa as desigualdades de saúde”.
O manifesto engade que “recuperar a consulta presencial e a actividade normal dos Centros de Saúde, non debe supoñer volver á situación anterior de masificación e medicalizacion da Atención Primaria. A responsabilidade da situación nos Centros de Saúde e Hospitais é do SERGAS e da consellería de Sanidade, de onde saen as ordes para aplicar logo nos Centros”. Tamén subliña que a “Xunta, aproveitou se desta alarma social, para modificar, por segunda vez, a Lei Galega de Saúde coa finalidade de recortar dereitos e liberdades cívicas fundamentai s de xeito inconstitucional. O apoio social á loita contra a COVID 19, debe basearse no acordo e colaboración da poboación e non no temor a unhas sancións represivas e desproporcionadas”. “Resulta intolerable”, sinalan, “utilizar a pandemia para unha manobra de claro marketin político”
O manifesto da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia remata facendo un chamamento a poboación e aos profesionais sanitarios, para unha gran mobilización cidadá que esixa o fin da utilización partidista da pandemia e a elaboración dun Plan para a Recuperación do Sistema Sanitario Público en Galicia”. Engade que os orzamentos da Xunta, e a financiación que veña da Unión Europea, deben destinarse a incrementar o número de profesionais, darlles estabilidade e evitar a precariedade, mellorando así as ifraestruturas da atención sanitaria, a investigación de saúde, e aumentar categorías profesionais”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela