Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Mercedes Rosón insiste en que se puxeron solucións enriba da mesa “rotación das prazas existentes, transporte colectivo para os traballadores do CHUS e unha parcela para un aparcadoiro realizable” fronte a unha Xunta instalada en “escusas de mal pagador”
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2023. O grupo socialista esixiu este martes á Xunta unha alternativa de aparcadoiro logo de amosar o seu rexeitamento á parcela que o goberno socialista lle cedera para a construción dun aparcadoiro de 420 prazas nas inmediacións do CiMUS, a 50 metros do Clínico. Mercedes Rosón acusa á administración autonómica de “obstrucionismo por sistema” ante os continuos “peros e trabas” que, denuncia, sufriron as diferentes propostas que se fixeron desde Raxoi.
A concelleira socialista insiste en que a Xunta “ten que cumprir, non só con Santiago” senón “cos 450 mil galegos e galegas que son usuarios de este hospital”, recordando que a cidadanía de Santiago supón só o 20% dos pacientes do CHUS. Rosón afirma que, efectivamente “se non quere aceptar a parcela que nós lle cedemos por valor de 6 millóns de euros está no seu dereito” pero, matiza, “ten que ofrecer unha alternativa e financiala”.
Insiste Rosón en que desde Raxoi están “no seu dereito tamén de reclamar un trato igual ao das outras cidades” nas que, recorda, a ampliación do hospital vai acompañada dunha solución de aparcadoiro: “se hai 14 millóns para o aparcadoiro e a cafetería de Montecelo en Pontevedra, tamén terán os 4,8 que nos reclaman ao Concello”.
“Nós puxemos solucións enriba da mesa: rotación das prazas existentes, transporte colectivo para os traballadores do CHUS e unha parcela para un aparcadoiro que se pode acometer de xeito moi rápido” ante o que a Xunta, critica, optou pola “deixadez de función e un trato discriminatorio”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela