Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O Grupo Municipal Socialista súmase ao “Día mundial da loita sontra a SIDA, que este ano se celebra baixo o lema “Solidariedade mundial, responsabilidade compartida”. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro; leron, xunto a outros membros da Corporación Municipal de Santiago de Compostela, un documento da organización internacional ONUSIDA, no que se apela á “solidariedade mundial e á responsabilidade compartida”, que obriga a “contemplar respostas sanitarias mundiais tanto para o VIH como pandemias como a COVID19, desde unha nova perspectiva que pasa por, segundo o texto, o acceso garantido a saúde e total financiamento da mesa, o reforzo dos sistemas sanitarios, e o respecto aos dereitos humanos, así como ás mulleres e á igualdade de xénero.
Segundo a parte do documento lida por Sánchez Bugallo, “agora é o momento de facer uso do liderado para conseguir sociedades máis igualitarias. Debemos ter líderes capaces de defender o dereito á saúde para todos e todas, e de encabezar unha recuperación mundial sólida e igualitaria. Neste Día Mundial da SIDA, únete a nós e instemos a que os países multipliquen os seus esforzos para lograr sociedades máis sás. Neste Día Mundial da SIDA reclamemos solidariedade mundial e responsabilidade compartida”.
A mensaxe de ONUSIDA comezaba sinalando que a COVID-19 puxo sobre a mesa que a saúde se interrelaciona directamente con outros problemas fundamentais, como a redución das desigualdades, os dereitos humanos, a igualdade de xénero, a protección social e o crecemento económico”. Por iso, como recordou Mila Castro, o lema do Día Mundial da SIDA deste ano é “Solidariedade mundial, responsabilidade compartida”. O texto continua sinalando que para acabar coas pandemias do VIH e da COVID-19, coincidentes no tempo, “é clave eliminar o estigma e a discriminación, poñer as persoas no centro da pandemia, basear as nosas respostas nos dereitos humanos e adoptar enfoques con perspectiva de xénero”. Unha pandemia que revelou, as enormes desigualdades enquistadas nas nosas sociedades. En moitos aspectos, continúa o texto, poñer fin á SIDA como ameaza de saúde pública depende de como o mundo logre responder á COVID-19.
O documento reafírmase na idea de que mediante a política pódese lograr o cambio. “Presenciamos como os países alzaban as súas voces ao unísono para facer un chamamento internacional e solicitar unha vacina contra a COVID-19 ao alcance de todos e todas e dispoñible para toda a humanidade de forma igualitaria. Xusto cando nos adentramos na última década da acción para acabar coa SIDA como ameaza de saúde pública para 2030, precisamos máis ca nunca da boa vontade política para acadar o noso obxectivo”. É posible. Podemos facelo”, engade. Á lectura da mensaxe de ONUSIDA tamén asistiron os concelleiros de Igualdade, Mercedes Rosón; de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte; e de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela