Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Visita ás obras do Orbital, en marzo pasado, do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.
O Grupo Municipal Socialista acaba de presentar esta tarde unha emenda de substitución á moción de urxencia do BNG para modificar o proxecto do orbitaliño co obxectivo de preservar o núcleo rural de Formarís. Os textos trataranse no pleno ordinario do próximo luns, 4 de xullo, sempre e cando a moción de urxencia e a emenda, sexan admitidas a debate.
Esta emenda, dividida en cinco puntos, modifica o acordo da moción do BNG. No primeiro, a Corporación Municipal “mostra de novo o seu compromiso cos acordos subscritos por todas as forzas políticas representadas no Foro Cívico. Manifestando unha vez mais que é unha prioridade para Santiago a construción do enlace entre AP-9 coa N-550, coñecido como o “Orbitaliño”.
No segundo punto exponse que “os grupos políticos manteñen o espírito acadado polo consenso do Foro Cívico, comprometéndose na súa realización e excluíndo todas as actuacións recollidas no acordo do debate político municipal”.
No terceiro, amósase o compromiso do Concello de Santiago de continuar “a realizar as xestións necesarias para que o proxecto do Orbitaliño contemple as mellores solucións posibles para os veciños, o comercio, e a industria afectada na zona Formarís, tal e como se aprobou por unanimidade da Corporación no Pleno de xuño de 2021”
No cuarto, explícase que “o Concello de Santiago seguirá mantendo un diálogo co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para que teña en conta nesta actuación as peculiaridades dos núcleos tradicionais galegos e presentará alegacións nesa liña ao proxecto do Orbitaliño”
E no último punto, o número cinco, sinálase que “o Concello de Santiago ofrecerá asesoramento técnico e legal á veciñanza afectada e asociacións que tamén estimen presentar alegacións para defender as vivendas, terreos agrarios e espazos rurais para a cohesión territorial da aldea que pode alterar o proxecto do Orbitaliño”.
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, sinala que “dende o grupo socialista queremos facer fincapé que dende o ano 2020, o goberno municipal ven mantendo un dialogo permanente tanto coa veciñanza de Formarís coma co Ministerio de Transportes para que o proxecto do Orbitaliño tivera o menor impacto posibles para os veciños e veciñas, o comercio e a industria da zona. O concello de Santiago leva dende dito ano ofrecendo asesoramento técnico a todos os afectados, e o propio Concello presentou e presentará alegacións ao proxecto do Orbitaliño”. Sinala tamén que “con esta emenda, tamén queremos recordar, que este é un proxecto prioritario para Compostela, asumido por todas as forzas representadas na nosa corporación. Por iso nós continuamos co espírito do Foro Cívico, ao manter os obxectivos de dito acordo fora da confrontación política municipal. O principal é o interese público xeral de toda o cidade”.
Audio Mercedes Rosón:
Neste enlace podes descargar a emenda:
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela