Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, así como os membros do Grupo Municipal Socialista, amosaron hoxe o seu apoio á hostalería, na mobilización que tivo lugar na Praza do Obradoiro. Para o rexedor, non é contradictorio cumprir a normativa que emana do Comité Clínico e a que aproba a Xunta de Galicia, con pedir compensacións e axudas a aqueles sectores, “que como consencuencia destas medidas se ven afectados na súa actividade”.
Medidas que, recorda “obrigan practicamente ao peche dunha porcentaxe moi significativo da hostalería, en condicións moi precarias. O 80% dos locais teñen que pagar renda, todos pagan impostos… E desde logo non se pode pretender que sigan mantendo a actividade, se na práctica, as medidas que se adoptan, fan imposible que teñan ingresos”. O alcalde recorda que desde o concello, estanse adoptando distintas decisións para axudar ao sector “na medida da nosa capaciade”, pero “claramente son insuficientes”. É necesario, “un plan de axudas real e efectivo a estes sectores máis afectados”,engadiu.
Unha opinión compartida por Lois Lopez, da Asociación Hostalería Compostela, quen demanda “un rescate económico para o sector”, ante unhas medidas que considera “desproporcionadas”. Explica queestán ao límite, cun nivel de alerta 3 en Santiago, que derivou no peche dun 80% dos establecementos hostaleiros. “Se isto se demora moito,calculamos que o 30% dos locais pecharán definitivamente, concluiu.
Sánchez Bugallo tamén se pronunciou sobre o posible confinamento de Santiago ante os casos de contaxios que se están detectando: “se o mando é único e toma esa decisión, nós respectarémola, cumplirémola e a faremos cumplir. Non a imos cuestionar”, sinalou. Segundo os datos ofrecidos polo rexedor, hai 409 casos activos en Compostela, e o domingo pasado, 410; o que fai pensar “nunha certa estabilización” no número de contaxios.
Ao alcalde parécelle “impresentable”,que unha persoa non acuda a facer a proba PCR cando é chamado. Recorda que no mostreo que se fixo no Ensanche, acudiu o 50%, unha porcentaxe, na súa opinión, “moi baixa”. “Creo que as persoas deben ser máis responsables. Nesa mostra que se fixo á poboación de entre 19 e 39 anos, aproximadamente o 1% deu positivo, e probablemente non o sabían. Enteráronse, grazas a esta proba”. Polo tanto engade, “é moi importante acudir porque podemos estar contaxiando ás nosas familias,amigos ou compañeiros sen sabelo”.
Na concentración do sector hostaleiro tamén estiveron, ademais do alcalde, os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón; de Turismo, Sindo Guinarte; de Obras e Barrios, Javier Fernández; e a deputada autonomica e ex-concelleira de Educación, Noa Díaz.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela