Neste momento, o departamento de Obras do concello de Santiago ten en marcha máis de 30 actuacións, cun investimento superior aos 10 millóns de euros. Uns datos, sinalou o concelleiro de Obras, Javier Fernández, que desminten as afirmacións da oposición de “que non hai unha planificación de cidade”. Ante estas declaracións, continuou, “falamos con feitos, e póñome a disposición tanto da oposición, como da veciñanza, para explicar calquera proxecto”.
Javier Fernández compareceu hoxe para dar conta do gran volume de obras que se están executando na cidade, e das que están en licitación. Actuacións que son posibles, sinalou porque “este goberno está a traballar, está coordinado, e planifica”. O resultado desta planificación vese nos “datos e feitos” que contrastan, sinalou, coa intención da oposición “de crear problemas onde non existen”. Estas obras reflicten, sinalou “o compromiso deste goberno con Santiago”, “cunha cidade viva, pois foron moitos anos na que houbo unha gran parálise no concello”.
Javier Fernández, agradeceu paciencia e comprensión da veciñanza, “o gran traballo que está a facer a brigada”, así como a colaboración doutros departamentos do Concello; e o labor do persoal de Obras. Sen o seu traballo, engadiu, estas actuacións non serían posibles
A continuación, o concelleiro describiu as actuacións máis importantes que se están levando a cabo, 13 delas con cargo a remanentes. A previsión, sinalou, é que esas obras se executen antes de que remate o ano.
Entre as obras en execución, o concelleiro destacou as seguintes:
- A reurbanización da rúa dos Concheiros, cun orzamento de 2.651.608,87 euros. Respecto destas actuacións indicou que hai un cambio nas telecomunicacións e no saneamento de pluviais que apareceron a posteriori, que non estaban contemplados. Cambios, subliñou, “que agradecerá a veciñanza”, xa que van favorecer o barrio. Eses días que a empresa traballou a maiores, “hai que compensarllos” en tempo. Pero reiterou, neste momento “non hai restraso”.
- A reurbanización da rúa do Hórreo na fronte da estación Intermodal, cun orzamento de 610.000 euros. O arquitecto xefe do servizo de Proxectos e Obras, Antonio Ranedo, explicou o desenvolvemento dos traballos. Sinalou que cando levantaron o pavimento, a sección construtiva que apareceu non se correspondía coincidía cos planos aportados por Demarcación de Carreteras, e “estamos axustando un pouco esa sección”. Por outro lado, continuou, “mativemos reunións con Adif para darlle continuidade a esa beirarrúa coa plataforma que eles van construir, para xerar aí unha praza. Tame ser realizaron uns axustes das rasantes dunha e outra obra. Mañá xoves, comezará a chegar pavimento de baldosa e confíamos a que a partir da semana que ven se comece a ver de novo movimento”. Estas axustes, indicou, “son habituais conforme se avanza nunha obra, sobre todo nas situadas en espazos urbanos consolidados. Os condicionantes sempre teñen consecuencias para a obra”, finalizou.
- A urbanizacion da ZL-75 do PERI de Fontiñas, na rúa Valiño, cun orzamento de 165.876,26 euros.
- O acondicionamento do aparcadoiro de Altiboia, cun orzamento de 208.907,95 euros.
- O acondicionamento do campo da festa do Castiñeiriño, cun orzamento de 335.474,56 euros.
- A mellora da accesibilidade ao Pazo de Raxoi, cun orzamento de 40.536,45 euros.
- A reforma dos aseos na rúa Trindade e na Alameda, cun orzamento de 397.886,38 euros.
- Os aseos públicos na Avenida de Raxoi, cun orzamento de 208.817,86 euros.
- A substitución das caldeiras do Pazo de Raxoi, cun orzamento de 137.704,16 euros.
- A rexeneración do pavimento na Avenidad de Asturias, cun orzamento de 517.204,47 euros.
- A renovación do céspede do campo de fútbol do Sergas, cun orzamento de 568.267,15 euros.
- A zona suberta de usos múltiples de Santa Marta, cun orzamento de 165.000 euros.
- A ponte Vella de Arriba, en Vidán, cun orzamento de 126.959,15 euros.
- O acondicionamento da praza de acceso ao campo de fútbol de Santa Isabel, cun orzamento de 71.995 euros.
- A restauración das fontes do Toural e da Praza de Cervantes, cun orzamento de 16.893,35 euros.
- O desbaste dos bordes das beirarrúas en varios puntos da cidade, cun orzamento de 48.000 euros.
Das obras en proceso de licitación, o concelleiro Javier Fernández citou:
- A rehabilitación do palacete da Finca do Espiño, cun orzamento de 1.425.922,90 euros, cuxas obras están a piques de comezar. .
- A reforma do muro do Pombal, cun orzamento de 368.639,87 euros.
- A rehabilitación do Centro Sociocultural Salvador Parga, cun orzamento de 282.030,62 euros.
- A rexeneración asfáltica dun tramo da Vía Edison, cun orzamento de 120.000 euros. O concelleiro pediu a colaboración da Xunta para acometer, nun futuro, o reasfaltado de todo o polígono.
- A rexeneración asfáltica na cidade, divida en dous lotes de 390.000 euros e de 430.000 euros.
- A accesibilidade en diversos puntos da cidade, cun orzamento de 247.000 euros.
- A estabilizacion do noiro e o acondicionamento e mellora na rúa do Bidueiro, en Vidán, cun orzamento de 190.470,31 euros.
- As actuacións de mantemento na plataforma da Avenida Xoán XXII, cun orzamento de 287.980 euros.
- A mellora dos accesos peonís aos centros educativos de Lamas de Abade, cun orzamento de 126.711,20 euros.
Datos das obras en execución e en licitación