Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O vindeiro luns, 4 de xullo, a Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar o “II Plan de contratación para o Concello de Santiago de Compostela”. O documento contén un total de 150 contratos por un valor estimado de 683.937.482,12 euros.
Esta cantidade inclúe o orzamento total de licitación (sen IVE) xunto coas súas posibles prórrogas e modificación orzamentarias. Non se inclúen os contratos menores, nin a previsión da actividade contractual das entidades públicas instrumentais do Concello de Santiago.
Do anterior plan de contratación, presentado en maio de 2020, executáronse, segundo informou a concelleira de Economía, Marta Abal, 77 contratos dos 113 incluidos, o que supón un 68,14% de contratos licitados tendo en conta o número total de contratos previstos. Os contratos que no se executaron inclúense no actual plan, que está previsto aprobar o vindeiro luns.
O plan, elaborado desde a concellería a de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, recolle as previsións contractuais remitidas polos distintos servizos municipais, dacordo coa información solicitada pola concelleira Marta Abal; incluíndo todos os contratos obxecto de licitación no exercicio 2022, tanto os licitados como os pendentes de licitar.
Trátase dun documento programático e de mera previsión en tanto que recolle datos de carácter estimativos e non vinculantes, e dado o contexto económico actual, é probable que algunhas destas estimacións se vexan reforzadas ou moduladas, para adaptalas ás circunstancias que concorran en cada momento.
Este plan de contratación, resultan imprescindible de cara a acadar os seguintes obxectivos:
Trátase pois dun plan estimativo, podendo licitarse contratacións non incluídas no mesmo e que se consideren necesarias para o cumprimento das atribucións e competencias do Concello, ou non licitarse algunhas das xa isas reseñadas. As cifras do plan, divididas por concellarías, son as seguintes:
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela