Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Hoxe o concello de Santiago publicou na súa web a apertura dos prazos de inscrición no servizo de comedor e/ou madrugadores para o curso escolar 2022-2023. Divídese en dúas modalidades: as novas incorporacións, que teñen de prazo ata o día 29 de agosto (incluído) para formalizar a inscrición; e as familias que durante o curso pasado fixeron uso do servizo, que quedan incorporadas automaticamente.
En principio, está previsto que o luns se habilite a app Cole Chef para que todas as incricións, tanto as novas como as do curso pasado, poidan contratar o servizo.
Como ben sabe Compostela Aberta, o asunto dos comedores é un tema moi complexo, ao que o Goberno Municipal lle buscou a mellor solución posible, pensando, por riba de todo, nas familias e nos nenos e nenas de Santiago. Aló menos nesta fase, o incremento de custes será asumido, inicialmente, polo Concello de Santiago.
E despois de semanas sinalando que non ía haber comedores escolares, agora, cando se abre o prazo de inscrición, Compostela Aberta volve arremeter contra o Goberno Municipal con outros argumentos, buscando réditos partidistas, máis que unha solución para as familias.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela