Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O Grupo de Goberno explicou hoxe en pleno, as medidas adoptadas nos dous últimos anos para garantir a seguridade do muro do Pombal, o mesmo día en que se aprobou a adxudicación da obra do muro, na parte pública (Fase 1), por un importe de 333.619,08 euros, IVE incluido. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, coincidiron en sinalar que se realizaron todas as actuacións provisorias de emerxencia para resolver a situación de risco e que, desde entón, se está avaliando o muro dun xeito continuado. Que a situación sexa de provisionalidade, sinalaron, non significa que xere inseguridade na zona. De feito, indicaron, desde 2019 non se detectaron máis desprendementos na parte municipal do muro.
O alcalde pechou a quenda de intervencións sinalando que, desde que se produciu o desprendemento, en novembro de 2019, “atopámonos con que había un problema que estaba avisado desde 2017, aínda que nós non coñeciamos, nese momento, ese aviso”. Desde ese momento, engadiu, realizáronse de xeito continuado distintas actuacións para resolver esa situación de risco. A maiores, contratouse unha empresa para facer un estudo das solucións que había que adoptar para garantir a seguridade. E tamén, sinalou Sánchez Bugallo, “se elaborou unha solución definitiva, moi ambiciosa”, coa previsión de arranxar todo o muro e humanizar esa súbida cara o parque da Alameda, “que desgraciadamente non contou co apoio da propiedade privada”.
Imaxe do pleno
Tamén, indicou, xa se actuou sobre a propiedade privada “para que adoptara as medidas que tiña que adoptar, e por parte do Concello redactouse o proxecto correspondente”, que agora se acaba de adxudicar. Reiterou que as actuacións se realizaron dun xeito continuado, e que a intención do Goberno Municipal no ano 2022 “é facer ese muro e deixalo en perfectas condicións”.
Na primeira intervención Mercedes Rosón explicou ás mais de 30 accións administrativas realizadas desde o desprendemento de 2019, tanto na parte pública como na privada; entre informes, inspeccións, aperturas de expedientes, requerimentos, etc.
A concelleira de Urbanismo explicou que en febreiro do ano 2017, durante o mandato de Compostela Aberta, o enxeñeiro municipal, tras analizar a situación do noiro e muro das parcelas de Campo do Cruceiro do Gaio conclúe que, “dada a natureza estrutural do muro de contención e a súa ubicación dunha zona patrimonialmente sensible, o conveniente é afrontar a solución a través dun único proxecto de execución conxunta, a costear polas propiedades das parcelas e polo Concello. Porén, inicialmente incoouse un expediente administrativo no ano 2017, no que se considerou necesario facer unha limpeza da maleza existente e comprobar o estado do muro e noiro. Pero nada máis”.
Algúns concelleiros seguiron o pleno vía telemática.
Mercedes Rosón sinalou que desde o día da execución das actuacións provisorias de emerxencia de estabilización do muro, en novembro de 2019, realizáronse, “na parcela de titularidade municipal, tanto as actuacións necesarias para a tramitación administrativa dunha solución definitiva de estabilización do noiro como aquelas actuacións de mantemento necesarias e indicadas no informe da empresa CYE, Control e Estudios, SL. como favorables e aliviadoras da parte do peso que soporta o noiro (roza e poda), así como a revisión das barreiras metálicas existentes”.
A parte do muro correspondente á parcela do número 22 da Rúa do Campo do Cruceiro do Gaio está rematada. E as actuacións na parcela número 23 teñen a licenza de obras concedida “á espera de aceptar presupostos”. Pero, continuou”, “no caso de non dar comezo nos vindeiros días continuaráse coas medidas coercitivas”. A concelleira subliñou que todo o proceso foi seguido con inspeccións periodicas por parte dos arquitectos municipais.
Na votación, o PSdeG asbstívose nos tres puntos sometidos a debate, sobre: unha reunión cos voceiros e voceiras dos grupos para explicar o nivel de seguridade e risco do noiro e do propio vial do Pombal; esixir a máxima celeridade nos traballos de consolidación do noiro, tanto da parte pública comoda privada; e constituir unha comisión de estudo de carácter especial, sobre o muro do Pombal.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela