Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Sánchez Bugallo goberno reforzado
Os cambios lévanse a cabo despois de que Javier Fernández renunciara as súas responsabilidades de goberno, escudándose no paso das competencias de Centros Socioculturais a Mercedes Rosón. Un cambio “necesario” tal e como explicou esta mañá o alcalde logo dun período difícil, primeiro coa pandemia e despois cun conflito cos traballadores a raíz das novas licitacións do servizo. Sánchez Bugallo detallou que, “unha vez rematada esa etapa, cos contratos xa firmados, había que facer un esforzo para recuperar o bo clima”.
Ademais, os prazos dos fondos europeos así como a posibilidade de que no 2024 non se prolongue a suspensión das regras fiscais, esixe “un gran esforzo en materia de obras” para mellorar o nivel de execución orzamentaria, e por iso, pretendíase dar un pulo ao departamento que agora se materializará nunha maior eficiencia ao unificar estas competencias coas de mobilidade.
O alcalde explicou que o cambio que se realizou fíxose procurando a menor afectación no normal funcionamento das outras áreas de goberno, realizando os cambios imprescindibles.
“Eu e todo o meu equipo temos un compromiso con toda a veciñanza de Santiago e ata o último segundo o imos a cumprir, o que nos levará a facer un maior esforzo individual e colectivo” afirmou un convencido Sánchez Bugallo que asegura contar cun grupo “máis cohesionado e compacto que nunca”.
Sánchez Bugallo asegura que Javier Fernández non é leal coa cidadanía
O voceiro do Grupo Municipal Socialista e segundo tenente de alcalde amosouse tamén sorprendido da dimisión de Fernández. Sindo Guinarte explicou que ante a decisión, tomada desde xullo e anunciada en setembro a todo o goberno, o concelleiro “solicitou que a decisión se retrasara uns meses” para desvinculala de determinadas circunstancias, algo que se lle concedeu, comprometéndose así a asumir a súa responsabilidade.
O alcalde insistiu en que se trata dunha falta de lealdade “co grupo do que forma parte, coa candidatura na que foi elixido e cos propios veciños”. Sánchez Bugallo insistiu en que o abandono das súas responsabilidades de goberno, ademais impedindo que poida entrar outra persoa que estea disposta a asumilas, “é imposible explicar e, a escusa de que o fai en favor da cidadanía, é pouco crible porque para a veciñanza el estaría en moitas mellores condicións de atendelos como concelleiro de Relacións Veciñais, de Barrios e de Obras”.
E é que, como concelleiro non adscrito o seu voto individual pasa a quedar sen relevancia á hora de configurar maiorías, posto que non altera a relación de forzas na corporación.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela