Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Anuncian ademais que presentarán alegacións á resolución provisional do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que deixa o proxecto en lista de agarda por esgotamento de crédito
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2023. “Para nós é un proxecto irrenunciable e cun goberno socialista, o proxecto de reurbanización do Restollal vaise levar adiante si ou si”. Así de contundente se amosaba o voceiro do goberno de Sánchez Bugallo á hora de anunciar que nas próximas semanas desde Raxoi teñen previsto sacar a licitación o proxecto.
Será unha vez se incorporen os remanentes dos que se destinarán máis de douscentos mil de euros para a licitación do proxecto que pretende converter O Restollal nunha gran avenida urbana eliminando o paso superior sobre a rotonda, facilitando o xiro ás urbanizacións e reducindo o número de carrís, incorporando un carril bici e priorizando unha maior presenza de vexetación.
O proxecto que lle dará continuidade á nova rúa de Clara Campoamor será realidade “no próximo mandato”. Así o asegura o portavoz do goberno local, Sindo Guinarte, que insiste en que “imos seguir buscando financiamento, sexa a través de fondos europeos ou a través doutras administracións”. Guinarte, que cualifica este como un proxecto “estratéxico” no modelo de cidade “sostible, amable e habitable no que estivemos traballando nos últimos anos, tratando por coser barrios e gañar espazos para o peón”, asegura que “en último caso, -o proxecto do Restollal- farémolo nós con recursos propios do Concello”.
O proxecto para a creación dunha gran avenida urbana no Restollal fora presentado á segunda convocatoria do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana. Na resolución provisional o proxecto quedou en lista de agarda por esgotamento de crédito. Nunha lista de agarda que podería ser atendida porque, tal e como figura no artigo 4 da Orde Ministerial do 21 de xullo de 2022, o Ministerio podería ampliar estas axudas ata 50 millóns de euros en función dos créditos dispoñibles.
En todo caso o portavoz dos socialistas anuncia que presentarán alegacións a esta primeira resolución provisional, ao tempo que se traballa para obter outras vías de financiamento e se avanza na licitación das obras.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela