Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Tamén saiu adiante, por unanimidade de todos os membros da Corporación Municipal, a aprobación da solicitude de inicio de avaliación ambiental estratéxica da modificación puntual do PXOM para a fixación de aliñacións no núcleo de Codesedas; e a aprobación definitiva do Estudo de detalle para a dotación de accesibilidade aos inmobles de vivenda colectiva emprazados na rúa do Penedo, número 56 a 68.
Minuto de silencio
O Pleno do Concello de Santiago, presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, comezou cun minuto de silencio en memoria das vítimas machistas. A continuación aprobou a urxencia dunha moción e de dúas declaracións institucionais e deu luz verde á creación do Consello de Medio Rural e o seu regulamento.
O Regulamento do Consello de Medio Rural foi aprobado cos votos a favor de todos os grupos municipais, a excecpción do concelleiro non adscrito que se abstivo. Este documento será o que regule o Consello de Medio Rural, definindo as súas funcións e dotándoo de estrutura e regras de funcionamento, que fagan posible a participación efectiva da veciñanza do rural nos asuntos municipais que lle afecten.
Trátase, segundo explicou a concelleira de Medio Rural, Begoña Rodríguez, “dunha cuestión á que nos comprometemos todos e todas cando asinamos o Pacto polo rural por unanimidade”. Coa creación do Consello, engadiu, “reafirmámonos no compromiso adquirido coa veciñanza do rural”. O seu obxectivo, continuou, “é articular unha canle para a participación da veciñanza do rural nos asuntos que lle afectan.
Segundo o artigo 3 do Regulamento do Consello do Medio Rural o obxectivo do Consello é canalizar a participación comunitaria nas materias que conforman o seu ámbito de actuación e o asesoramento, e a elaboración de propostas de actuación e seguimento da súa execución.
O Consello Municipal do Medio Rural estará integrado por unha presidencia, que ostentará o alcalde ou alcaldesa; unha vicepresidencia integrada por dous vicepresidentes/as, un deles a persoa titular da concellaría competente para asuntos de Medio Rural, e o outro designado polo Consello a proposta da presidencia; e os vogais: seis persoas que representen ás asociacións veciñais do ámbito rural do concello e un representante de cada un dos grupos políticos que integren a Corporación Municipal.
As sesións ordinarias terán unha periodicidade semestral. Así mesmo, o Consello celebrará sesións extraordinarias cando o decida a presidencia, por propia iniciativa ou por solicitude dun terzo dos compoñentes. A duración do mandato dos membros do Consello será de catro anos.
De esquerda a dereita, Mercedes Rosón, Sánchez Bugallo e Mila Castro.
O alcalde sinalou que por fin “chega” este Consello do Medio Rural. “Non chegou nin tarde nin cedo, con algún dos outros dous gobernos anteriores, que nos dan moitas leccións, pero non o fixeron”. O alcalde recordou á oposición que “o investimento no rural” durante este mandato “é igual ou superior a calquera etapa anterior. Superior a cando gobernou o PP e semellante, se non superior, a cando gobernou Compostela Aberta, e nun escenario moito máis complicado que o daqueles anos”. O rexedor lembrou que en marzo de 2020, foi porque houbo unha pandemia a nivel mundial que alterou “todo”. “Tivemos”, continuo”, que atender as persoas, o comercio, a hostalería, e os servizos”
A continuación, referíndose o Grupo Popular, indictou que “está ben que dean leccións, pero non sei moi ben de que. Cantos consellos se reuniron na epoca que gobernaba o PP? O Consello Económico e Social nunca. E tampouco se reuniu nunca con Compostela Aberta. Que pasou co concurso da auga? Todos nos esquecemos. Gran parte da financiacion par eses investimentos de saneamento estaban vinculados ao concurso da auga. Quen bloqueou a convocatoria? CA, PP e BNG; os tres xuntos. O concurso está bloqueado e os 18 millóns de euros previstos en investimentos urxentes para saneamento no rural tamén quedaron bloqueados, Ninguén asume a responsabilidade dos seus actos, e todos lle traspasan a responsabilidade a outros”.
Tamén saiu adiante, por unanimidade de todos os membros da Corporación Municipal, a aprobación da solicitude de inicio de avaliación ambiental estratéxica da modificación puntual do PXOM para a fixación de aliñacións no núcleo de Codesedas; e a aprobación definitiva do Estudo de detalle para a dotación de accesibilidade aos inmobles de vivenda colectiva emprazados na rúa do Penedo, número 56 a 68.
Segundo explicou a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, o obxecto deste documento “é definir as condicións e criterios comúns que se deben seguir no ámbito, para o tratamento das fachadas e outras actuacións de accesibilidade, e en particular, para a futura implantación de ascensores. E fin último: que se adopte unha solución conxunta que permita manter o carácter unitario do conxunto, tal e como establece a ordenanza 9A, de aplicación nestes inmobles”.
Desbótanse, por inviables, a instalación de ascensores por dentro dos inmobles e pola fachada principal; e aprovéitase, segundo figura no estudo de detalle, a zona deportiva e os espazos públicos do parque de Ponte Pereda, para dotar de nova accesibilidade a estes edificios pola parte posterior.
A proposta de ordenación foi exposta ao público e notificada persoalmente a todolos afectados. Mercedes Rosón sinalou que se recibiu “unha única alegación por parte da comunidade de propietarios do conxunto, que agrupa os sete portais. Dita alegación valoraba positivamente a intervención, se ben facía algunhas consideracións e suxerencias que entendía podían mellorar proposta” O documento presentado para a aprobación definitiva, confirmou a concelleira de Urbnismo, “recolle no esencial todas as suxerencias aportadas pola Comunidade de propietarios”.
Durante o pleno, aprobáronse dúas declaracións institucionais. A primeira, en apoio e solidariedade coas mulleres afgás.
E a segunda, en apoio e recoñecemento das necesidades non cubertas das persoas con lupus en España.
Proposicións
As proposicións número 7 e 11, referidas á segunda fase de reurbanización de Castrón Douro, e nas que o Grupo Socialista se abstivo, debatéronse de xeito conxunto. As dúas inciden na accesibilidade e no rebaixe da calzada previsto no proxecto anterior.
Defendeuna o concelleiro de Barrios e Obras. Gonzalo Muíños aclarou que proxecto actualizado, mantendo a rasante da rúa, garante a accesibilidde a todas as vivendas. Un proxecto, engadiu, “que prioriza o peón e, que desde o punto de vista dos servizos urbanos”, non presenta diferencias co anterior. “No caso particular, fronte os números 1 e 2 de Sar” explicou, trata de baixar a rasante o máximo posible, co límite do prisma de telefónica”, cunha parte superior a 55 cm, rebaixando tamén, ata onde se poida, as canalizacións. “Nestes intres, engadiu, “existe dotación para poder acometer un proxecto, máis que digno, que garante a accesibilidade, cumple co Plan Especial e resolve os problemas de inundacións”.
O importe estimado desta actuación, para a que xa existe financiamento, é 858.303,81 euros, IVE incluido. Se se executa o proxecto orixinal, o custe incrementaríase, segundo explicou Gonzalo Muíños, un 52%; un 35% debido á revisión da alza de prezos, xa que o proxecto orixinal foi redactado en 2015; e o resto debido ao cambio do prisma de teléfonica; o que suporía un custe, para todo o proxecto, de 1.370.000 euros.
Na segunda quenda interveu o alcalde. Xosé Sánchez Bugallo lembrou os problemas que presentou a primeira fase, e explicou é que para rebaixar a rasante segundo o proxecto anterior, “hai que excavar dous ou máis metros. Hai que colocar o prisma de telefónica e reordenar o resto de servizos en función deste cambio, tal e como esixe a actual normativa. Non sabemos o que hai aí abaixo, porque non hai ningún estudo xetotécnico. Hai que encargar un estudo xeotécnico e un novo proxecto”, que a continuación habería que buscar o resto de financiación, licitar e adxudicar; circunstancia que demoraría considerablemente a execución do proxecto.
Agora, engadiu Sánchez Bugallo, “temos un proxecto técnico, que segundo o informe da Comisión de Patrimonio, cumple co Plan Especial”. E ademais, continuos, “é un proxecto que dá solución a múltiples problemas, entre outros o de auga e saneamento”. O rexedor explicou que separa as redes de pluviais e fecais”, orixe do problema de enchentes; e que “reforza a rede de pluviais, encaixándoa co Cancelón, actuación fundamental para evitar inundación”.
O alcalde aclaróu que si se escoitou á veciñanza, na reunión do luns pasado, na que, indicou, algún se mostrou en contra; e outros a favor. “En privado viñeron dicirme que para adiante”, engadiu.
Na seguinte proposición, para a implicación e implantación de políticas a prol da economía social coa reserva legal de contratos cos centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción; o Grupo Socialista abstívose.
A concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernizació da Administración Local, Marta Abal, sinalou que “todas estas poílíticas públicas son indispensables, son necesarias, e non tanto para incluir a estas persoas, que teñen que traballar nestes centros especiais de emprego, se non para incluirnos nós nesa realidade. E no Concello de Santiago”, continuou, “durante esta lexislatura, se deron importantes pasos neste sentido”.
Citou, en concreto, aqueles servizos de mantemento de parques reservados a centros especiais de emprego. Entres eles os parques de Salgueiriños e Brandía, “que herdamos da anteriores mandantos, pero neste, tamén se reservou a centros especiais de emprego, o servizo de mantemento e roza de parcelas, o lote de atención ao público dos Centros Socioculturais, ou o contrato de recollida de papel cartón. E acaba de saír a contratación o contrato de xardinería de Monte Viso.
“Tendo en conta estes contratos e o seu custe anual”, continuou, estariamos ante un importe anual de 1.51.154 euros. Tendo en conta a lei, explicou, que fala do “10% desa tipoloxía de contratos, se non estamos cumplindo, estamos a piques de cumplilo, pero evidentemente temos que ir máis alá”. A concelleira explicou que a pesares destar dacordo, na proposición falabase do 10% do gasto corrente, o que “é bastante máis complicado. Para Marta Abal, da maior apoio á economía social “é un argumento de dignidade e autonomía, así como unha obriga para as administracións.
A proposición para modificar a bonificación por aproveitamenteo da enerxía solar no Imposto sobre os Bens Inmobles (IBI) e o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) foi aprobado por unanimidade.
Marta Abal sinalou que “todas as administracións públicas, a estatal, a autonómica e local debemos de poñer enriba da mesa todos os incentivos e todas as facilidades posibles para instalación de sistemas que faciliten o acceso a unha enerxía accesible, barata e sostible”. Explicou que unha das formas de facelo dende as administracions locais, é precisamente mediante incentivos fiscais; e que no Concello de Santiago se prevén dúas bonificacións: por un lado a bonificación do IBI “no máximo que nos permite a lei estatal, isto é o 50%”; e a bonificación de ata o 90% do imposto de construcións. Son, engadiu, “as maiores e mellores bonificacións, no conxunto comparativo da comunidade autónoma.
Explicou que para acollerase á bonificación do imposto de construción e dotacións non se esixe ningún requisito, mais alá da necesaria aportación da documentación preceptiva para tal fin. Pero para acollerse á bonificación do IBI, si que se esixen requisitos, un deles, que compre revisar, segundo explicou. Trátase do relativo “á esixencia de que a potencia mínima instalada por cada 100 m2 sexa de 5kw, cando realmente, dende o punto de vista de eficiencia enerxética, 3 kw por cada 100m2 serían mais que suficiente. Conclusión, sí consideramos necesaria a modificación ou supresión do requisito de potencia mínima instalada, xa que a esixencia actual de 5kw por cada 100 m2 de superficie construída non resulta proporcional”.
En canto á petición de incrementar a bonificación do imposto de construcións ata o máximo do 95%, suliñou, “non deixa tampouco de resultarnos interesantes, porque o que queremos é precisamente dar todas as facilitades posibles para incentivar estas instalacións para o autoconsimo de enerxía. Pero como xa teño dito nalgún momento, nun contexto no que estamos a vivir de incremento do gasto corrente e de redución dos ingresos municipais propios sobre todo trala caída dos ingresos relativos á plusvalía municipal, tal decisión teña que ser adoptada sempre garantindo os recursos suficientes paro a correcta prestación dos servizos públicos”.
Na proposición para a supresión da cita previa de carácter obrigatorio na atención á cidadanía, o Grupo Socialista abstívose. Xustificou o sentido do voto aclarando que a cita previa non é obrigatoria, “é unha opción máis, que por certo en atención ao contribuínte existe dende o ano 2010, e en Servizos Sociais, desde 2015”. Engadiu que a consecuencia da pandemia “estendémola a outros sevizos. Quero insistir nesto, porque o sistema de cita previa que temos a día de hoxe non é exlcuínte. De feito calquera persoa que queira resolver algún trámite tributario e non teña cita pois poderá ser atendido nas oficinas no meso día que acode a elas. O sistema de cita non deia de ser unha opción máis. Una posibilidade mais para dirixirse a administración. Unha oportunidade de que a cidadanía organice o seu tempo, e poida ser atendido con eficacia e eficiencia sen ter que esperar longas colas, e por iso se mantivo, como unha opción mais nas oficinas que acabo de citar (atención ao contribuínte, urbanismo, tráfico e servizos sociais)”.
A concelleira indicou que en 2022, 8.718 persoas acudiron á oficina de atención ao contribuinte. Na segunda quenda, Marta Abal recordoulle ao PP que o SERGAS “funciona exclusivament con cita previa”. E engadiu que a concellaría de Modernización de Administración Local está traballando desde o minuto un na reducción da fenda dixital. E que desde que accedeu ao Goberno Municipal pasouse “da nada, a ter implantada a administración electrónica”, que compre seguir mellorando.
Comparecencias e intervencións
A concelleira de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, Mila Castro, compareceu a petición propia para informar sobre a situación actual do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria. Un servizo innovador e renovado, sinalou, posto a disposición da cidadanía, e acorde coa vixente normativa de residuos”; licitado durante este mandato, cuns pregos “minuciosamente elaborados”, nos que se tivo en conta as características da poboación de Compostela.
Por iso,engadiu, se optou pola “convivencia de varios sistema de xestión que dan resposta ás necesidades particulares dun territorio municipal que conta con 3 áreas diferenciadas”: a area urbana, coa cidade histórica e o Ensanche; a zona periurbana; e a zona rural. Un servizo ampliado, ademais, as novas urbanizacións que non estaban incluidas no anterior contrato como O Paxonal ou Santa Marta. Solucións diferentes, reiterou, cun mesmo obxectivo, “permitir a unha separación selectiva eficaz e e calidade independementemente do lugar do Concello onde se resida”.
A concelleira de Medio Ambiente explicou que está en marcha o plan de reparto e colocación de contedores, “estamos falando de máis de tres mil”, que se realiza tras un traballo de campo previo. Mila Castro sinalou que para a recollida separada da “fracción orgánica”, a principal novidade da Lei de Residuos, deseñouse un plan que inclúe varias accións en función da área da cidade á que se destina.
Explicou tamén que no casco histórico xa están operando as illas de quita e pon das diferentes fraccións para a recollida domiciliaria, situadas en dez puntos da améndoa compostela, que “permiten manter a ratio da distancia de 200 m. aos domicilios”. Engadiu a concelleira que no Ensanche e no ámbito rural conviven dous sistemas: “no rural mantense a aposta pola compostaxe individual co reparto de composteiros previa solicitude” que se completa cona implantación de contedores de fracción orgánica; “mentras que no Ensanche continúase tamén a recollida da fracción orgánica coa recollida mediante o contedor marrón en pleno proceso de desenvolvemento”. Estes contedores están dando, continuiu “uns resultados moi satisfactorios, tal e como se desprende dos informes de SOGAMA”.
Para os grandes produtores de residuos, como hostalería e comercio, o sistema elixido é a recollida porta a porta. “Desde o primeiro momento reunímonos con representantes do sector para escoitar as súas encesidades e fomos axustando o servizo a esas necesidades”, relatou.
A continuación, Mila Castro respondeu á interpelación sobre o proxecto de centro de inclusión social. Aclarou que as persoas que se atopan en situación de senfogarismo en Compostela “foxen de calquera modelo institucional. A intervención ten que estar baseada en termos de incorporación social; incorporar á comunidade non é institucionalizar ás persoas”. Lembrou que se duplicou o número de vivendas destinadas a persoas sen fogar a través de entidades como Cáritas ou FEAFES. “Queremos unha incorporación normalizada á sociedadade, non a cronificación da marxinalidade”, subliñou, para a continuación preguntar: “Escoitaron vostedes ao persoal técnico municipal, nos mesmo temros que escoitaron aos anteriores? Ou cecais o persoal técnico de Servizos Sociais descoñecía cales eran as necesidades das persoas que estaban na rúa e non eran especializados neste tipo de intervención social? Cal foi verdadiramente o resultado da súa escoita?”. O resultado da escoita “deste grupo”, foi “desbotar a idea de construción deste centro co enfoque que tiñan determinado”.
Mila Castro foi contundente. O Centro Integral para a Inclusión Social basease “no traballo que día tras día, hora tras hora realiza o personal técnico municipal dos Servizos Sociais e incluso, do equipo do Servizo municipal de Urxencias Sociais”. Lembrou a concelleira que en 2022, “se acadou que 117 persoas tiveran alternativa de aloxamento”.
Mocións
A primeira moción debatida, para que se inclúa na programación das festas de Santiago a música e cultura ao vivo de artistas e empresas locais, o Grupo Socialista abstívose. Argumentouna o concelleiro de Festas. Sindo Guinarte explicou que na programación das Festas da Ascensión xa está “practicamente todo contratado”, e a contratación das Festas do Apóstolo, xa está moi avanzada. “Non propoñamos agora algo que a estas alturas ten que estar feito”. Continuou sinalando que “a producción dos espctaculos musicais faise, practicamente toda, con empresas locais”.
Aclarou tamén que hai unha “presenza moi importante de artistas locais” na programación das festas, como corais, grupos folclóricos ou o ComposFest: “todos os artistas que participan nese festival, son artistas de Compostela”, sinalou. E as actividades e espectáculos están deslocalizados, sinalou, espallados polos distintos centros socioclturais, barrios e prazas da cidade.
A segunda moción, sobre a memoria histórica e democrática en Santiago, aprobouse co voto a favor de todos os grupos, excepto do Grupo Popular, que se abstivo, despois de aceptar Compostela Aberta a moción “in voce” formulada por Sindo Guinarte.
O concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, enumerou todas as actuacións realizadas para preservar a memoria histórica e democrática: a colocación das estatuas de Isaac Diaz Pardo, Federico García Lorca, Carlos Maside, Xoana Torres, María Miramontes e Anxel Casal. Completouse, ademais, a galería de retratos de alcaldes da II República, restauráronse as Marías e púxoselle o seu nome o Centro Sociocultural da Cidade Histórica; realizáronse varias exposicións, a última, “As cores da memoria”; e editaronse distintas publicacións como “Cadernos da Segunda República” ou a última presentada, sobre os alcaldes e as corporacións en Santiago, durante a II República.
A web do aeroporto tamén recolle, en aras desa memoria histórica, que foi construído por presos do franquismo. A miores, ecargouse un estudo á empresa Histragra, en relación aos elementos sobre os que se debe actuar para o cumprimento da memoria histórica. “Fixéronse moitas couas para que esta cidade teña presente a memoria democrática e recupere a moitas persoas ocultadas pola guerra e a dictadura”, finalizou Sindo Guinarte.
A moción para a urxente execución de melloras no viario municipal e a adopción dun sistema de xestión de firmes para a súa mellora conservación e mantemento futuros defendeuna a concelleira de Medio Rural, Begoña Martínez, e na segunda quenda, Sánchez Bugallo. O alcalde informou que están adxudicados dous contratos (por dous anos cada un deles) para este fin, un de 1,6 millóns de euros para o rural,e outro de 1,3 millóns e euros para a zona urbana. Nesta moción o Grupo Socialista abstívose.
Na moción sobre a Casa da Xuventude, na Praza do Matadoiro, o Grupo Socialista abstívose. Defendeuna o alcalde, quen destacou a solución adoptada “que permite rehabilitar o edificio, axustalo a unhas condicións de menor impacto e facilitar a conexión co parque de Belvís”.
O luns aprobouse a cesión da Casa da Xuventude a Deputación de Coruña. Unha operación que permitirá ao organismo provincial implantar servizos de recadación na planta baixa. No primeiro andar está previsto un novo espazo de coworking que se integrará na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación, e o espazo restante estará destinado a outros usos provinciais no eido cultural, educativo e de servizos sociais ou relacionados coa formación de empregados públicos ou co desenvolvemento de iniciativas de reactivación e potenciación da actividade económica na comarca de Santiago”.
No segundo andar, o Concello reserva para si un espazo para a prestación de servizos municipais á cidadanía. Aproveitarase o auditorio existente, e unha vez rehabilitado e acondicionado, será un elemento de uso compartido entre Concello e Deputación, que tamén estará a disposición da veciñanza.
Antes levarase a cabo unha rehabilitación por un coste estimado de 1.346.000 euros, que será financiada nun 74% pola Deputación e nun 26% polo Concello de Santiago. Para todo isto convocarase un concurso de ideas, segundo explicou o alcalde, que busque unha mellor integración na contorna do edificio, máis accesibilidade, e unha maior eficiencia enerxética, así como adaptar o inmoble a novos usos e servizos á cidadanía. “Ningún dos grupos propuxo habilitar un euro, para rehabilitar a casa. O PP propuxo tirala. Nós cando vimos o custe qeu tiña, buscamos financiamento”, sinalou o rexedor. .
Trátase, engadiu o alcalde, de convertelo nun “edificio útil. Imos ter un servizo para os veciños da zona, cun salón de actos para 250 persoas, un edificio vivo e activo, cun proxecto que se vai sacar a concurso. A colaboración con David Chipperfield e coa Fundación Ría e unha oportunidade estupenda para facer a esa conexión co parque de Belvís”.
O Grupo Socialista abstívose na moción sobre ofertar os postos baleiros do Mercado de Abastos, 38 segundo os datos do Concello de Santiago, para iniciativas da economía social e persoas emprendedoras en situación de desemprego. Defendeuna o alcalde. Sánchez Bugallo explicou que se está á espera dun estudo encargado a Mercasa que analiza a evolución da Praza de Abastos e “prevé a evolución futura”. Por iso, continuou, “é prematuro e precipitado posicionarnos” antes de ter os resultados e consultalos coa Cooperativa da Praza de Abastos e ASUCA. “Cremos que é precipitado, que nos faltan os elementos necesarios”.
“O noso obxectivo”, engadiu Sánchez Bugallo, é manter viva a Praza de Abastos. “E a aposta pola economía social, pola economía de proximidade e polo produto local é algo que compartimos”.
Varias das mocións, por acordo da Xunta de Portavoces, aprobáronse por unanimidade e sen debate. Foron a número 3, para dotar de servizos de comedor e de madrugadores ás escolas unitarias; a úmero 4, de rexeitamento o proxecto que pretende privatizar a torre de control do aeroporto de Santiago; a número 7, da que se retiro o punto 4, para o acondicionamento das áreas recreativas de Chaián e o Refuxio, na ribeira do Tambre; e a número 8 para a mellora dos servizos básicos, dos accesos e a seguranza viaria no lugar do Viso. A moción número 5 foi retirada.
Pechou o pleno o debate a moción da moción conxunta do Grupo Socialista, BNG e Compostela Aberta, para a restauración do texto fidedigno do Himno Galego e a súa difusión. O PP abstívose. O obxectivo, sinalou Sindo Guinarte, “é recuperar un texto que do que o propio autor recoñeceu qeu tiña erros e que non afecta para nada o contido. Lamento que non puidese saír por unanimidade”.
Moción Conxunta – Himno Galego
Emisión do pleno do 30 de marzo de 2023
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela