Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Políticas Sociais e Saude, Mila Castro, mantivo hoxe unha reunión con responsables de Cáritas Interparroquial de Santiago, na que destacou o labor que está desenvolvendo e se comprometeu a seguir colaborando coa entidade.
20230505 Audio_Bugallo_Caritas
Xosé Sánchez Bugallo, resaltou a importancia dos programas que está levando a cabo Cáritas Interparroquial en Compostela. Entre eles o de emprego. Segundo explicou Carlos Juiz Díaz, director da entidade, o nivel de inserción laboral sitúase no 90%. O ano pasado organizaron nove accións formativas ás que asistiron 147 persoas. Recibiron 126 ofertas de emprego e acadáronse 101 insercións laborais. Unha tendencia de bo comportamento do emprego, que tamén destacou o alcalde. Lembrou que os niveis de desemprego en Santiago están nas cifras máis baixas dos últimos 20 anos, situándose en 4.292 persoas.
Plano xeral da sala de reunións
Tamén destacou o traballo que realiza Cáritas Interparroquial coas persoas inmigrantes. E o acompañamento, a través do programa “Familia Aberta”, a quen se atopa nunha situación de soidade. Trátase, sinalou o rexedor durante a reunión, dun problema que se está a agravar, polas novas formas de vida e o cambio das estruturas familiares. Sánchez Bugallo sinalou que “xa se está a traballar nese apoio ás persoas que viven soias”, a través do Servizo de Axuda no Fogar, o SAF, onde non existe lista de agarda, e a máis longo prazo, co “centro que temos previsto abrir na rúa de San Pedro de Mezonzo”, un centro de servizos polivalente, destinado preferentemente a personas maiores. Precisamente o Ensanche, e Pontepedriña son dous dos barrios onde se contabiliza un maior porcentaxe de persoas que viven soias.
“Canto máis nos coordinemos, moito mellor. Porque son temas que van seguir crecendo no futuro. A previsión que temos é que no prazo de 20 anos, a poboación maior de 65 anos se sitúe na contorna do 30%. Neste momento está en torno a un 24%. E é problable que a porcentaxe de poboación que vive soia, siga incrementándose tamén”. Por iso, entre as liñas de colaboración, destacou especialmente “o apoio ás persoas viven soias” e o apoio “ás persoas sen fogar”.
O Goberno de Sánchez Bugallo, a través da concellaría de Políticas Sociais e Saúde, que dirixe Mila Castro destina anualmente uns 634.000 euros a 23 entidades sociais, entre elas Cáritas, e Cruz Vermella.
Durante os catro anos de mandanto, o Goberno de Sánchez Bugallo apostou decididamente polas persoas, dando resposta ás necesidades máis perentorias da sociedade, cunha actuación que xira en torno a tres eixos fundamentais. O primeiro, apoio ás persoas en situación máis vulnerables co incremento dun 85% dos recursos destinados ao SAF, o Sevizo de Axuda no Fogar, (que pasou dun orzamento, en xuño de 2021, de 1.979.666 euros a 3.080.048 euros, e rematando coas listas de agarda) e a posta en marcha do SEMUS, o Servizo de de Urxencias Sociais. O segundo, apoio aos sectores económicos máis gravemente afectados pola crise derivada da pandemia, como o comercio, a hostalería ou o sector cultural, cuns nove millóns de euros en axudas para impulsar a reactivación económica; que teñen a súa continuidade nos Bonos Corazón de Compostela, co obxecto de incentivar o consumo no comercio e hostalería local. E o terceiro, o mantemento, en condicións moi díficiles, durante a pandemia, dos servizos públicos, como o transporte, ou a reprogramación dos espectáculos culturais suspendidos durante a tempada de emerxencia sanitaria.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela