Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Mila Castro comprométese a renovar a firma do convenio de colaboración para continuar traballando en materia de accesibilidade
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023. O Goberno de Bugallo consolida a relación coa Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela nunha reunión na que mostrou o compromiso da Corporación por seguir mellorando a calidade de vida dos veciños e veciñas a través da inclusión.
Mila Castro, concelleira de Políticas Sociais, renovou a firma do convenio de colaboración coa asociación. Con el, o Concello mantén o compromiso por facer de Santiago unha cidade accesible, con servizos adaptados para todas as persoas.
O alcalde traballa man a man con diferentes colectivos para coñecer as súas necesidades e propostas. Fai unha semana, o Grupo de Goberno tamén mantivo unha reunión coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia para garantir o obxectivo de “facer unha Compostela de todas e de todos” eliminando barreiras.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela