Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O pleno do concello de Santiago de Compostela, acordou, por consenso dos distintos grupos, convocar o debate sobre o estado do Concello no mes de xaneiro. Foi nun pleno que aínda se está celebrando e que comezou cun minuto de silencio polas vítimas da violencia machista e polas persoas falecidas a causa da COVID19; e no que a maioría de proposicións debatidas estaban relacionadas coa contratación de servizos públicos.
O pleno do concello de Santiago, deu luz verde ás proposicións para promover a contratación de centros especiais de emprego de iniciativa social e para fomentar a contratación social responsable. O Grupo Municipal socialista facilitou a aprobación coa súa abstención, que defendeu a concelleira de Economía e Facenda, Marta Albal. Sinalou que o goberno municipal “ven demostrando desde hai tempo un compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a integración de persoal en risco de exclusión social, a xeración de emprego estable e de calidade, a conciliación da vida familiar e laboral e a sustentabilidade”, que se materializa, engadiu, no uso intelixente de cláusulas sociais, respectando a igualdade de trato dos licitadores, asi como a normativa en materia de contratación pública”.
A concelleira felicitou ao goberno de CA polo acordo de Xunta de Goberno de abril de 2017, no que se establece unha reserva especial para centros especiais de emprego, e polas isntruccións ditadas con posterioridade. Pero, recordou “a estes acordos e instruccións hai que darlle o debido cumprimento, e vostedes non o fixeron en catro anos de lexislatura”. “En darlle cumprimento”, engadiu, “ traballa o goberno do partido socialista”. Marta Abal anunciou que nos novos contratos de residuos e limpeza viaria, o contrato de dinamización de Centros Socioculturais, que se licitarán por lotes, haberá unha reserva para centros especiais de emprego. Tamén informou que diversos contratos da concellería de Barrios e Obras foron adxudicados a centros especiais de emprego. Para a concelleira a sensibilidade “na aplicación práctica”, “é maior en 18 meses de goberno socialista que en catro anos de goberno de Compostela Aberta”.
Respondendo especificamente ás dúas propostas, Marta Abal sinalou que “non lle corresponde a concellería de Políticas Sociais velar para que no goberno do concello se manteñan a porcentaxa mínima de centros especiais de emprego. “Correspóndelle”, informou, “ao órgano de contratación, que como saben é a Xunta de Goberno Local”. Engadiu que o órgano de contratación está dando pasos firmes nese sentido. Pero, puntualiza, antes de “ditar novas instruccións, hai que adoptar os mecanismos de control e coordinación para garantir a aplicación da instrucción que vostedes (en referencia a CA) ditaron non ano 2017”. E preguntaba: “déronlle vostesde cumprimento? Xa lle contesto eu. Non”.
Polo tanto, resumiu, é unha prioridade darlle cumprimento a esa instruccíon e “traballaremos para que a porcentaxe de reserva non sexa inferior ao 7%”. E finalizou, “igual que traballamos e traballaremos para incrementar esa reserva de emprego, non esta de mais que se inste á Xunta de Galicia”, que tamén traballe para acadar esa porcentaxe.
Ao final do debate conxunto das proposicións 3 e 4, o alcalde puntualizou que no departamento de Parques e Xardíns hai dúas áreas que veñen xestionando os centros especiais de emprego, Salgueiriños e Brandia, (adxudicadas no anterior mandato de Sánchez Bugallo). Dúas áreas que recorda o rexedor, quedaron fora do concurso, igual que o Monte Viso e a illa do Refuxio, para adxudicalas, precisamente, a centros especiais de emprego.
O grupo municipal socialista tamén se abstivo nos puntos, 5, 6 e 7, debatidos conxuntamente, que versaban sobre axilización, transparencia nos procedementos de contratación, e sobre a licitación dos servizos de recollida do lixo e limpeza viaria, transporte público e xestión dos centros socioculturais.
Na súa intervención, Marta Abal, puxo o acento “no problema esencial do concello de Santiago de Compostela”, cando comezou o mandato socialista: “os istrumentos e instruccións postos a disposición dos traballadores do concello para unha axeitada xestión económica e contractual son deficientes, por non dicir inexistentes”. A consencuencia inmediata, explicou, é un listado de contratos “que atopamos en precario ou a piques de rematar sen planificación nen cronograma”. Algo básico para a concelleira, que destacou a planificación e a elaboración dun cronograma por parte do actual goberno local, plasmado no primeiro plan de contratación do concello de Santiago de Compostela.
Marta Abal recordou que cando o grupo socialista, chegou ao goberno atopou unha “descentralización da xestión económica e contractual pouco ou nada coordinada e supervisada”. Unha descentralización que recordou, se levou a cabo no último ano de mandato popular. Taméns “nos atopamos”, continuou, co total inexistencia de instrumentos de planificación contractual”. A concelleira engadiu que descoñecía o que atopou Compostela Aberta cando chegou ao goberno local. Pero, indicou, nesa etapa non se fixo nada para mellorar esta situación, máis alá da licitación do contrato da administración electrónica, que sinalou, “estamos executando actualmente”. E, afirmou, o “goberno socialista si que o fixo. Ven de aprobar o Decreto de Estrutura Órganica Municipal con data 13 de novembro”.
No marco deste decreto adóptanse decisións estruturais que indicou, terán efectos inmedianto e evidentes na mellora da xestión pública, unha vez se materialicen:
– A creación do órgano de xestión económica e de contabilidade, que permitirá a curto prazo levar un control periódico e munucionso da xestión económica e contractual do concello; e en consecuencia do pagamento das facturas.
– A singularizaicón e potenciación do servizo de contratación, mediante a súa separación da área de servizos básicos comunitarios, o que contribuirá, non solo ao reforzamento da área de servizos básicos comunitarios senón á configuración do servizo de contratación como unha verdadeira unidade transversal potenciadora e impulsora da contratación do concello de Santiago de Compostela.
A efectiva materialización destes cambios orgánicos, contribuirán, proseguiu, “de modo inmediato á regularización da situación contractual do concello de Santiago de Compostela”.
En relación cos casos concretos dos contratos de transporte, residuos e limpeza viaria e Centros Socioculturais explciou que “o primeiro está a piques de emitirse informe por parte da asesoría xurídica; e os últimos estanse a ultimar para remitir á citada asesoría para a emisión do preceptivo informe”
A concelleira engadiu que “este goberno e esta administración pública traballa incansablemente para que estes servizos sexan licitados de xeito inmediato pero con todas as garantías. Por iso, engadiu, “elaborou o primeiro Plan de Contratación, que parece que molestou a oposición”. Este plan mostra as previsións contractuais, e decir, as necesidades que ten a nosa administración nesta materia, e que hoxe seguen existindo, polo tanto, subliñou, “dito plan segue vixente e seguirá vixente, porque é un instrumento de transparencia, iso que tanto demandan vostedes”. Marta Abal sinala que vivimos unha situación que tamén inflúe “nesta cuestión, e na que non hai experiencia, “que ten ramificacións en todas as vertentes da xestión diaria dos servizos, empezando por como adaptar todo o deseño previo dos servizos a realidade que hoxe descoñecemos (unha vez superada a pandemia), ata de como vai influír a situación económica actual nos vindeiros anos en canto a posta en marcha destes servizos.
A Marta Abal amósase sorprendida de que se poida “ facer unha lectura tan superficial do que este goberno esta facendo, e que se queira expoñer que este goberno en 18 meses tiña tempo suficiente en resolver cuestións dunha transcendencia tan importante, e mais cando outros executivos ou non puideron resolvelos en 4 anos ou tiveron mais tempo en circunstancias para nada parecidas as actuais”. A concelleira pediulle á oposición que non faga política de curto percorrido, que sexa realista e sincera”.
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, puntualizou que para o goberno municipal este tema é extraordinariamente importante e prioritario” Hai unha frase engadiu, “o uxente ten que esperar e o importante vai primeiro. As circunstancias non permiten aplicar esa frase, o urxente ten que ir primeiro. Compartimos o interes por esta materia” afirmou, antes de ordenar a votación.
Antes de comezar co debate das proposicións, interviron Jesús Pais Bernaldo, que defendeu a música en vivo nos locais de ocio da cidade; Gabriel Mújico, que interveu en defensa das contratacións de centros especiais de emprego; e José Manuel Liste, que defendeu a instalación do mercado dos sábados na rúa París, como elemento dinamizador do comercio local.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela