Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O concelleiro Javier Fernández informou hoxe no pleno ordinario do Concello de Santiago que todas as empresas adxudicatarias dos lotes de Centros Socioculturais, agás unha, xa asinaron os acordos cos delegados ou representantes sindicais e a cuarta está en proceso de negociación.
Aclarou tamén que non existe un Comité de Empresa, porque o número de traballadores necesarios para consituilo debe superar os 50. E neste momento, ningunha das empresas adxudicatarias chega a este número: “O que hai son delegados de persoal ou delegados sindicais. Neste momento o Comité de Empresa non existe” nos Centros Socioculturais.
Tamén aclarou que a día de hoxe non hai folga, un dereito constitucional, indicou, “polo que loitou moito o Partido Socialista e que respectamos e sempre respectaremos”. “Neste momento non temos constancia, por parte das empresas adxudicatarias, de que os delegados de persoal, ou os delegados sindicais, ou o propio persoal, lle remitiran comunicado algún declarando ese dereito á folga. E neste momento, tres das catro empresas adxudicatarias dos contratos, xa asinaron os acordos cos delegados sindicais, e a cuarta está en proceso de negociación (Norintegra).
A continuación, achegamos pdf, dos que omitimos os datos personais, destas empresas certificando que non hai convocada folga algunha por parte do seu persoal.
O concelleiro rematou sinalando que “os dereitos que tiña o persoal dos centros no mes de abril, son os mesmos que os que tiña o 1 de xullo, cando entraron as novas contratas. E así se recolle nos acordos asinados polas empresas e a representación sindical. Polo tanto, e quero que quede claro, neste momento non hai folga”, finalizou.
O lote 1 de animación sociocultural foi adxudicado á empresa Serviplus; o lote 2 de bibliotecas, a Atlantic Ponte; o lote 3, de atención ao público, adxudicouse ao Centro Especial de Emprego Norintegra; e o lote 4, de novas tecnoloxías, tamén o xestiona Serviplus.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela