Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Entre as diferencias, o alcalde incidiu no parquín público que podería contemplar ata 300 prazas en rotación; a posiblidade de incorporar o edificio que fai esquina, “que nos parece moi importante desde o punto de vista do proxecto arquitectonico”, a diversificación de nosos usos, “non so no tecido comercial”; que as vivendas de protección oficial poidan ser de aluguer; e que o espazo público estea cuberto, para poder desfrutar del todo o ano.
O importante para Sánchez Bugallo, “é que haxa un punto de partida que implique un consenso maioritario para aprobalo en pleno”. O alcalde explicou que agora se abre un proceso de diálogo no que tamén van participar as asociacións para “intentar aprobalo en febreiro”.
O alcalde tamén asegurou que non vai responder ás declaracións de Xosé Manuel Durán, da AV Raigame, e xustificou a abstención en pleno, en abril pasado, pola celeridade da presentación do proxecto. Argumenta que desde o Grupo Socialista pediran tres meses para estudalo, e que apenas lle deron 72 horas para chegar a un acordo. O razonable, engade “é que se queren o noso apoio, nos deran tempo a estudalo”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela