Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, non descarta sumar os apoios do BNG ao borrador do proxecto de orzamentos para 2022, despois do principio de acordo acadado con Compostela Aberta. Na rolda de prensa dos venres, sinalou que “nós, agora mesmo, o que queremos é deixar pechados todos os temas” con CA, “pero iso non impide que podamos incorporar cuestións propostas” polo Bloque.
De momento, subliñou, as negociacións seguen abertas. O rexedor avanzou que a semana vindeira etá prevista unha reunión entre a portavoz do BNG local, e a concelleira de Facenda, Marta Abal. “Pola nosa banda, faremos todo o posible para que esa incorporación sexa posible”, engadiu.
En relación as previsións de aprobación do proxecto de orzamentos en pleno, Sánchez Bugallo apuntou cara a primeira semana de febreiro, tendo en conta, engadiu, que “non vai dar tempo” na sesión ordinaria prevista para o 27 de xaneiro, xa que cómpre cumprir os prazos de comisións e emisións de informes.
O alcalde subliñou que, unha vez aprobadas as contas dos auditorios municipais, Incolsa e Tussa (hoxe mesmo) o luns darase luz verde, previsibilemente, aos presupostos de Uninova; e a continuación programarase “a propia tramitación dos orzamentos”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela