Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asumirá, de momento, as competencias da área de Educación, “en colaboración co resto de grupo de goberno”, despois de que a concelleira Noa Díaz renuncianse hoxe formalmente ás mesmas nun pleno extraordinario, para incorporarse ao Parlamento de Galicia como deputada autonómica polo PSdeG. Está previsto que o próximo 25 de setembro tome posesión o número 11 da candidatura socialista, Rubén Prol, que ocupará o escano que deixa vacante Díaz.
Sinala o rexedor que, a pesar do “esforzo grande” que temos que facer, “non imos escatimar medios humanos nin materiais dentro das nosas competencias para que os centros de educación primaria poidan abrir o día 10, igual que os comedores escolares, “en condicións de seguridade”.
Para Sánchez Bugallo, a seguridade, unida a axuda “a quen máis o necesita”, é unha “prioridade absoluta” do seu executivo nas proximas semanas, nas que comeza a actividade lectiva en primaria, secundaria e na universidade. O alcalde recorda que boa parte do alumnado virá de fóra, e a pesar de sinalar que “a incidencia estatística en Santiago é inferior a outras áreas”, Compostela “non é unha illa”, de aí o carácter preventivo das restriccións publicadas onte pola Xunta no DOG.
O alcalde volveu pedir comprensión para unhas restriccións que lembrou, afectan esencialmente ao sector da hostalería e que cre que están “xustificadas” co obxecto de evitar medidas máis drásticas a curto prazo: “aínda que nos poidan parecer excesivas e non as compartamos, poden evitar que se tomen outras restriccións máis drásticas e máis importantes”, subliñou. Engadiu Sánchez Bugallo que o goberno local está “estudando en profunidade” as normas decretadas pola consellería de Sanidade para tratar de axudar aos negocios, pero trátase, recordou, dunha situación moi complexa.
COREXO
A preguntas dos xornalistas, o alcalde sinalou que lle parece “fantástico” que a probototra do vertedoiro de Corexo dera marcha atrás e solicitase o desistimento do procedemento de concesión de licenza. “E se a parte da paralización, solicita a renuncia definitiva, paréceme aínda mellor”, engadiu.
O rexedor referiuse ao problema “gravísimo” que existe coa modificación da Lei do Solo de Galicia de 2016. Ata ese ano, explica, o Plan Xeral de Ordenación Municipal regulaba todo o termo municipal. E dentro do municipio, regulaba as zonas de protección agrícola, forestal e paisaxística. Pero desde que entrou en vigor esa lei, aprobada só co voto favorable do PP; e cos demáis grupos parlamentarios en contra; está excluído do ordenamento municipal o sólo rústico, “180 quilómetros cadrados dos 220 que ocupa o termo municipal”, o que representa o 80% do seu territorio, que pasa, aclara o alcalde, “a estar sometido ás normas sectoriales que emiten as consellerías competentes na materia, e moi especificamente, a consellería de Medio Rural”. E agora, conclúe, “intentamos que o concello resolva un tema, no que as competencias son de outra administración”.
ESTATUAS MESTRE MATEO
Na rolda de prensa, Sánchez Bugallo tamén se referiu as estatuas do Mestre Mateo de Abraham e Isaac en poder dos herdeiros do dictador Francisco Franco. O alcalde confía en qeu se reabra o procedemento xudicial e se incorpore a nova documentación atopada, que “acredita”, sen dúbidas, que as esculturas “son propiedade do concello e que son froito dunha apropiación indebida”, que que o concello si as mercou, pero nunca as vendeu.
O problema, engadiu, é que na fase xudicial na que se atopa o proceso non pode aportarse dita documentación. Esa é a principal diferencia, na súa opinión, respecto ao litixio polo Pazo de Meirás. “Parten de posicións diferentes”, aclarou, xa que o procedemento aberto polo concello de Santiago produciuse nun momento no que non había documentación qeu sustentase a petición. Esta documentación, que confirmaba a titularidade do concello, atopouse ao longo do proceso, pero non se puido incorpoara á causa.
Sánchez Bugallo non ten dúbidas: “esas esculturas son propiedade da cidadanía de Santiago. A única dúbida razonable é se foi unha apropiación persoal ou foi da xefatura do Estado. Neste caso serían de todos os españois” , manifestou. Engadiu que o concello seguirá reclamándoas e non descarta acudir á xustiza europea.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela