Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, pronunciouse hoxe sobre as emendas do PP aos Orzamentos Xerais do Estado, presentadas polo deputado autonómico Borja Verea. Para o rexedor, o máis importante dos presupostos non son as cuantías, son os conceptos; “e neses conceptos está metido o orbital, o orbitaliño, a estación do tren de alta velocidade, por primeira vez; e está metida a EDAR. Recorda que son actuacións que “cando gobernou o Partido Popular, non saiu ningunha. E hoxe en cambio, están as catro”.
Para o rexedor, todos os anos, o PP realiza as mesmas declaracións. “É evidente”, engade, “que non van aprobar os orzamentos xerais do Estado, polo tanto é improbabel que as súas emendas sexan recollidas. “Reclamamos onde non respondemos, pero onde somos responsables, calamos”. Estarei moi atento para ver as emendas que presente no Parlamento de Galicia aos orzamentos da Xunta, referidos a Santiago de Compostela”, concluiu.
Sánchez Bugallo afirma que “probablemente o PP vote en contra”. E se non saen os orzamentos, continúa, non hai EDAR, non hai estación de alta velocidade e non hai orbitaliño. Orbital si porque xa está contratado e empezarán as obras nos próximos días”, engade.
A preguntas dos xornalistas, Sánchez Bugallo sinalou que “se está facendo algunha xestión en Madrid”, en relación cos orzamentos do Estado. E recórdalle ao PP que a estación de tren de alta velocidade saiu “no seu día do circuito porque houbo un goberno do Partido Popular que a boicoteou. É importante lembrar as cousas que pasaron en novembro e decembro de 2011”, porque esa obra “estaba prevista e desapareceu. Pero agora volve estar, cunha previsión de 30 millóns de euros, tres deles para o ano que ven”. Polo tanto, confirma que hai “unha previsión de adxudicar as obras no 2021, unha xestión na que tuvo que ver quen lles fala e moi pouco ou nada, outros”.
Tamén están, subliña, o orbital, o orbitaliño, “cunha achega pequena porque estamos na fase de información pública e de redacción de proxectos”. Son, recorda, “os catro temas fundamentais que reclamamos desde Santiago”, aos que se une a autovía entre Compostela e Lugo “cunha dotación moi potente”.
EDAR
Sánchez Bugallo sinala que é normal que para o ano 2021 a dotación da EDAR sexa pequena, porque o vindeiro ano “o que cómpre é rematar a redacción do proxecto e resolver a autorización medioambiental, polo tanto, non é un tema de custe”. O importante, en relación á deputadora da Silvouta é, “o que se propón o covenio que se nos envía, onde se asume a financiación” do seu custe: “65% con cargo a fondos estatais e Fondos de Reconstrucción Europea, e o 35% restante con cargo á Xunta é o concello. Iso é o importante, e é o cualitativo”, asegura. E engade
A preguntas dos xornalistas, e sobre a fórmula do préstamo a 25 anos, sinala que non da nada por bo. Explica que “era o que se nos propuña” nun borrador anterior, no segundo. “Agora temos a terceira proposta, nun escenario no que pode ir adiante, e no que lle podo dicir a todos que, asumindo incluso o custe político que fose necesario, non vou permitir que perdamos estamos oportunidade”. Engade que en Santiago non pode volver pasar o que pasou entre 2007 e 2013, cando se perdeu a financiación FEDER, pola decisión de cambiar de lugar a depuradora; igual que no periodo 2014-2020, que se volveu perder “por determinadas decisións”; “e isto probablemente sexa a última oportunidade, porque non sei se haberá outro Fondo de Reconstrucción Europea, polo que calquera outro escenario sería moi complicado”.
O alcalde informou que o Consello de Administración de ACUAES aprobou unha proposta de convenio co concello de Santiago, “unha xestión na que traballamos, que responde á inclusión nos orzamentos xerais do Estado” da EDAR, “e sobre todo no Plan Europeo de Recostrucción” para poder optar aos citados fondos europeos. Os detalles, continuou, “analizarémolos a semana vindeira, falaremos con todos os grupos, pero todos debemos ser conscientes de que con total probabilidade, é o último tren que pasa pola estación”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela