Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Para Sánchez Bugallo, esas declaracións non se corresponden coa realidade dos feitos. Puxo tres exemplos: a aportación da Xunta ao Consorcio que baixou con Feijoo de presidente, e ao aeroporto de Lavacolla “máis ben escaso, por non dicir nulo”; e ao Estatuto de Capitalidade. A moitos, engadiu “gustaríanos ver mellorar determinadas colaboracións”. Subliño que non ía insistir nese asunto porque “non o vou convertir unha intervención dun representante político sen responsabilidades institucionais nun rifi-rafe entre o concello e a Xunta, ou entre o alcalde e o presidente da Xunta”.
ORZAMENTOS
O rexedor anunciou que o proxecto de orzamento municipal será levado a unha Xunta de Goberno Local extraordinaria prevista para o vindeiro luns, 17 de febreiro, ás 10:30 horas. De acordo cos prazos legais previstos, sinalou, o documento someteríase ao ditame da comisión informativa de Facenda o 26 de febreiro e levado para a súa aprobación inicial a un pleno extraordinario o 2 de marzo.
Sánchez Bugallo resaltou que esta aprobación permitirá “licitar toda unha serie de proxectos urxentes, como o da Concheiros ou Altiboia”. Neste sentido, anunciou que se utilizará a figura da anticipación do gasto para sacar adiante estes proxectos xa, en paralelo á propia tramitación orzamentaria, que aínda requirirá a aprobación plenaria inicial, a exposición pública e a aprobación definitiva.
Tras a aprobación pola Xunta de Goberno, todos os grupos municipais disporán do documento definitivo de orzamentos. Sobre un posible acordo con Compostela Aberta para “facilitar” a aprobación das contas, e “sen prexuízo de que teñamos os votos para sacalas adiante”, o alcalde demandou do resto de grupos que tamén “facilite a aprobación” dun orzamento que, de non saír adiante, tería provocado unha situación de “prexuízos notables para Santiago”.
REUNIÓN CO PRESIDENTE DA FEGAMP
Antes da rolda de prensa, o alcalde reuniuse co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela. No encontro analizaron distintos asuntos como o financiamento, os conflitos de competencias, ou a organización do Ano Santo 2021.
O alcalde de Santiago explicou que unha das cuestións trasladadas na reunión foi a comunicación de que a Xunta emitiu o certificado que recoñece a Compostela como ‘municipio emprendedor’, “Isto permitiranos que en convocatorias de programas empresariais ou de emprego se nos outorguen 15 puntos máis”, engadiu
Sánchez Bugallo tamén destacou que os concellos, “na etapa de crise”, foron “as institucións públicas que con gran sacrificio” demostraron a “capacidade para capear” a situación e “para facer fronte ás súas consecuencias”.
Pola súa banda, Alberto Varela explicou que ambos os mandatarios falaron de cuestións relacionadas co financiamento local e de “unha queixa xeneralizada” de “case todas as administracións locais”, a “asunción de competencias” que non lles son propias, así como de “a excesiva tutela doutras administracións”.
O presidente da FEGAMP Varela mencionou as “problemáticas” que están “a afectar aos concellos”, como o “mantemento dos centros educativos”, unha competencia que “non deberían asumir as administracións locais”; ou a “necesidade de que a Xunta, nesa gratuidade para os nenos de cero a tres anos do segundo fillo, tamén meta as escolas infantís municipais, porque se non”, explicou, non sería xusto. A maiores, destacou o prezo que abonan os concellos polo servizo de Axuda a Domicilio, que, aclarou, non é competencia da administración local”. Neste momento, dos 18 euros por hora que custa o servizo, o goberno autonómico só financia 9,7.
No ámbito local, Alberto Varela referiuse ao “reto ilusionante” que ten por diante Santiago de face á celebración do Ano Santo 2021, unha celebración que vai supor, explica, “unha locomotora tractora para toda a comunidade”. Sobre esta cuestión, reclamou “a implicación das outras administracións para que o ano que vén salga redondo”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela