Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, lembroulle hoxe a Compostela Aberta, que foi durante o seu mandato cando, nos barrios, se deixou de prestar o servizo de recollida de lixo os sábados, pasando a recollerse o domingo á noite, “o que conleva que se acumulen as bolsas e a suciedade nos contedores durante toda a xornada do domingo”, cunha imaxe nada positiva para a cidade.
Audio 1. Alcalde_recollida lixo sábados
O alcalde tamén destacou, na rolda de prensa, que dos seis contratos principais cos que conta o Concello, tres, o de parques e xardíns, o do SAF (Servizo de Axuda no Fogar) e o de recollida e limpeza viaria, xa están licitados por este Goberno Municipal. Quedan pendentes outros tres, o de iluminación; o de transportes; e o da auga.
En relación ao contrato da auga, que, subliñou, non foi quen de sacar a licitación Compostela Aberta, a pesares de rematar durante o seu mandanto; o alcalde sinalou que irá a pleno xa que se pode “xerar unha situación dunha certa inseguridade xurídica, e o que non me gustaría é que xusto o concurso principal que convoca o concello, ao final se vexa sometido a un procedemento xudicial que puidera xerar incerteza”. Recordou que esta circunstancia “colocaría á institución municipal “nun escenario moi complicado”, xa que “se lle vai pedir á empresa que acomete con caracter prioritario e anticipe investimentos por un importe enorme. Sería un risco demasiado elevado para asumilo”, indicou, polo que se non se aproba, “probablemente terá que esperar ao próximo mandato”. Engadiu tamén que todos os grupos políticos teñen enriba da mesa un estudo xustificativo da decisión tomada polo Grupo Municipal, sin que ningún grupo formulara alegacións.”
Audio 3. Alcalde_contrato auga
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela