Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, informou hoxe, en rolda de prensa, que se está rexistrando “unha certa estabilizacion” dos casos positivos de COVID-19 rexistrados en Compostela, despois dunha semana que “non foi mal”, e que polo momento, sitúa os datos “lixeiramente por debaixo” dos rexistrados hai unha semana.
Sánchez Bugallo tamén destacou que hai unha reducción significativa das festas en pisos, que podería chegar ao cincuenta por cento; pero que “aínda non é suficiente”. Aportou datos: na semana do 21 ao 27 de setembro, a policia local tramitou 63 denuncias. Desde o pasado luns, hai 20 sancións rexistradas por este motivo, á espera dos datos que depare o fin de semana.
Todas as denuncias, sinala o rexedor, están sendo tramitadas e sancionadas. Están dando resultados, sinala, as multas de 200 euros que se están impondo, e a campaña de sensibilización que se se está desenvolvendo; e iso,engade, “tería que ter unha evolución positiva” na diminución do número de contaxios pola COVID-19.
Afirma Sánchez Bugallo, que se “acadamos un resultado de reducción efectiva de novos contaxios, abriría paso a unha maior flexibilización da normativa” e das actuais restriccións en Santiago, evitando medidas adicionais. Pero o principal, recorda, é protexer a saúde da cidadanía. O alcalde volve pedir responsabilidade a veciñas e veciños, e resalta o “excelente traballo” tanto da policía local como da nacional. Na súa opinión, a pesares desa estabilización no número de contaxios, estamos di, “ante a semana máis perigosa”, xa que os infectados hai dúas semanas comezarán a manifestar os sintomas a partir de agora.
COMEDORES
O alcalde confirmou que todos os nenos e nenas que solicitaron o servizo de comedor, “téñeno”. “Estamos pendentes”,engadiu, daqueles que non concretaron, aproximadamente unhas 200 familias que reservaron praza pero non fixeron uso da reserva nen confirmaron se a van usar ou non”. De aí, engadiu, o prazo, ata o 8 de outubro, dado aos solicitantes para que confirmen se van facer uso da praza reservada.
Engadiu, ademais, que se lle formulou unha consulta a administración autonómica sobre os esporádicos que non poden concretar cando van facer uso do comedor; e confía “que en torno ás mesmas datas poidamos ter unha resposta que nos diga en que condicións e con que resquisitos poderían facer uso do servizo”. “Así saberíamos”,engade, “cales son os espazos dispoñibles dentro dos comedores”
O alcalde explica que por en marcha o servizo nas actuais condicións de restriccións sanitarias, foi un “gran esforzo que pagou a pena”. O número de ususarios, neste momento, está por enriba do 96% respecto da cifra do ano pasado, e “subindo cada día”, polo que “é posible que a semana que ven se acadade o 100%”, porque, engade, “temos centros educativos nos que o número de usarios é superior ao do ano pasado por estas datas”.
PAGO A PROVEEDORES
Sánchez Bugallo confirmou que neste momento o pago a proveedores sitúase nos 41,89 días. Explica que a causa da pandemia, en todas as administracións (Estado, Xunta de Galicia,etc.) se dilatou o periodo medio de pago. No caso do concello de Santiago, recorda que en febreiro,antes da crise sanitaria, “estabamos en torno a 27-28 días”.
Ademáis da irrupcion da COVID-19, existen outras causas que xustifican a dilatación dos pagos, como son, explicou, “a enorme multiplicidade e descentralización de centros xestores”. O obxectivo, continuou, e simplificar o número de centros xestores, e mellorar e incrementar a informatización de todo o proceso de tramitación de pagos para, en decembro, “volver” situarse por debaixo do indicador de 30 días.
ORBITALIÑO
Sobre o tema do “orbitaliño” e a preguntas dos xornalistas, o alcalde informou que a semana pasada houbo unha reunión con responsables da demarcacion de Estradas de Galicia e co Secretario Xeral de Infraesturturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. A proposta realizada “reduce substancialmente o custo do orbitaliño”, calcula Sánchez Bugallo que en torno a un 50%, polo que, sinala, foi acolllida con “gran receptividade” polas partes. Esta proposta, segundo explicou, permitiría utilizar o terreo xa expropiado polo concello a través de EMUVISA para conectar os polígonos industriais 37.3 e 38; para facer a conexión coa N-550. Isto, continúa, a proposta do concello, “menos ambiciosa ca do goberno central, segundo recoñece o rexedo, “reduce o calado das obras que hai que facer, e quitalle presión aos veciños da Sionlla”.
Sánchez Bugallo espera que “as alegacións que o concello presentou, coherentes coas presentadas pola federacion de veciños FERUSA e pola empresa FINSA teñan un grado de aceptación moi notable dentro do proxecto definitivo”. Aínda así, non se atreve, di “a anticipar nada”.
Sobre o orbital, o alcalde confirmou que xa se asinou onte o contrato das obras, que se van cumprindo os prazos, e que se todo continúa segundo o previsto, os traballos empexarían nun mes.
SAF
Tamén a preguntas dos xornalistas, Sánchez Bugallo confirmou que o concello non vai recorrer o fallo do Tribunal Administrativo de Contratación, que estima parcialmente a impugnacion de Comisións Obreiras sobre os pregos do contrato do SAF, o Servizo de Axuda no Fogar. Con todo aclara, que, o tribunal “desestima los elementos más importantes”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela